Venres, 17 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán: UCN acusa ao alcalde de non respectar o acordo para ampliar o prazo para pagar a taxa do lixo.

Nigrán: UCN acusa ao alcalde de non respectar o acordo para ampliar o prazo para pagar a taxa do lixo.

Correo-e Imprimir PDF
lixo-nigran-colectores

-O prazo voluntario para pagar a taxa do lixo finaliza o vindeiro 20 de febreiro, mais no último pleno aprobouse ampliala ata o 25 de maio. Fernández Comesaña (UCN-CDL) denuncia que o alcalde Alberto Valverde négase a dar cumprida a ampliación "baseándose en argucias e interpretacións xurídicas".


O período voluntario do pagamento da taxa do lixo finaliza o vindeiro 20 de febreiro. Fernández Comesaña (UCN-CDL) lembra que a resolución do pleno obriga ao alcalde Alberto Valverde a prorrogarlla ata o día 25 de maio. Medida que foi acordada para "evitar incorrer en recargos de prema aos contribuíntes que suscitaron recursos e que aínda están sen resolver, a escasos días de que finalice o prazo anteriormente fixado", sinala o edil. Así mesmo, acordouse fraccionar en dous prazos (xullo/agosto e novembro/decembro), o cobro do recibo de lixos do ano 2014, dado que por causas "alleas ao contribuínte", vense obrigados a pagar no presente exercicio os recibos dos anos 2013 e 2014, "ocasionando un grave prexuízo a familias e actividades económicas" engade o concelleiro.
O concelleiro Fernández lembra que o acordo é "firme en vía administrativa e legal". Polo que só se poderá revogar "con informe preceptivo do Consello Consultivo de Galicia". A ampliación do prazo foi presentada por Fernández pola vía de urxencia e aprobada coa totalidade dos votos da oposición (PSOE, BNG, UCN e o non adscrito Ignacio Vilas) e cos votos contrario dos 8 concelleiros do gobernante PP.
Nese contexto, Antonio Fernández Comesaña (UCN), denuncia que o alcalde Alberto Valverde "baseándose en argucias e interpretacións xurídicas", négase a dar cumprida a ampliación.
Fernández Comesaña, reprocha a "actitude prepotente do alcalde", ao negarse a cumprir un mandato firme do pleno. Denuncia que ademais Valverde, está "sistematicamente" levantando "por decreto", todos os reparos de legalidade suspensivos que lle formula o Interventor ," e iso parece non importarlle, cando debería estar polo menos preocupado", conclúe o edil.