Venres, 17 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Os comerciantes de Nigrán estarían pagando a taxa do lixo por superficies non comerciais dos seus establecementos.

Os comerciantes de Nigrán estarían pagando a taxa do lixo por superficies non comerciais dos seus establecementos.

Correo-e Imprimir PDF

- Así o asegura Antonio Fernández Comesaña (UCN-CDL) tras constatar que a revisión do padrón municipal fíxose: “cruzando datos do catastro”, sen diferenciar a superficie “útil” dos locais da “bruta” e con “pouco traballo de campo” por parte da empresa contratada.

- Agrega que o Concello gastou 84.969na contratación da empersa que desenvolveu a revisión do padrón de locais comerciais na que se basea a nova taxa de recollida do lixo.

-O edil esixe ao alcalde que aplique a ampliación de tres meses para o prazo de pago voluntario da taxa aos efectos de resolver antes os recursos plantexados polos afectados.

Segundo  Fernández Comesaña (UCN), os traballos de revisión do novo padrón municipal que rexe a taxa comercial do lixo,  foron contratados cunha empresa privada que custou 84.969€ ás arcas locais. O concelleiro afirma que a mesma realizouse “cruzando datos do catastro”, e tomando como referencia “toda a superficie incluída no mesmo, cando antes computábase a superficie útil dos locais (espazo ao público), e non a bruta; realizado sen máis comprobación e pouco traballo de campo”.

Fernández sinala ese procedemento como o causante da suba “desmesurada” das facturas da taxa do lixo recibida polos comerciantes e empresarios afincados en Nigrán. Engade que esta revisión permitirá á administración local incrementar a recadación en 146.369,29€.

Por outra banda, o edil da UCN esixe ao alcalde Alberto Valverde que aplique a resolución do último pleno que o obriga a ampliación en tres meses (ata o 20/5/2014), o período voluntario de cobranza da Taxa de recollida do lixo, relativa ao exercicio 2013. Moción presentada pola súa agrupación e apoiada polo resto da oposición  para evitar incorrer en “recargos de apremio a los contribuyentes que han planteado recursos”. Feito imposible de resolver, segundo Fernández, antes do vindeiro 20 de febreiro, data no que finaliza o acutal prazo de pago voluntario.