Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O Concello de Gondomar incrementará taxas e recortará inversións e gastos nun novo plan de axustes.

O Concello de Gondomar incrementará taxas e recortará inversións e gastos nun novo plan de axustes.

Correo-e Imprimir PDF
centrogondomar

Avecíñanse tempos de recortes e suba de taxas no Concello de Gondomar por mor dun plan de axuste elaborado e aprobado este venres polo gobernante bipartito (PP-CDL). Entre as principais medidas adoptadas atópase a creación da taxa por recollida de lixo, a ampliación da taxa de sumidoiros máis alá da zona urbana e a inspección e recualificación de fincas e edificios para axustar o cobro de impostos á realidade das mesmas.

 

En medio dun acalorado debate onde ata se chegou a prohibir a un veciño a gravación do mesmo, por parte do alcalde Fernando Guitián, o goberno municipal sacou adiante as medidas que lle permitirán acceder ás novas liñas de crédito co aval do Goberno de España (RDL 4/2012 do 24 de Febreiro). Segundo fixo saber o rexedor, este plan permitirá ademais de cumprir coa cumprir cao esixencia legal, pagar aos provedores da alcaldía un importe superior aos 1.671.000 euros.

Creación da taxa do lixo, ampliación da de sumidoiros e revisión dos contribuíntes.

En materia de ingresos, o novo plan prevé a creación dunha taxa á recollida do lixo (ver nota), e ampliación da taxa de sumidoiros que ata de agora só pagaban os veciños do casco urbano da vila. A partir da posta en marcha do plan, a taxa deberá ser pagada por todos aqueles que reciban o servizo, en calquera das parroquias do concello.

O goberno municipal tamén manifestou a súa intención de potenciar a "inspección tributaria" a fin dunha maior xustiza impositiva. Nese senso, ademais das anteriores medidas, procederá a unha recualificación da realidade catastral dos inmobles do municipio, co fin de actualizar información e axustar o cobro de impostos aos mesmos.

O plan prevé uns ingresos do orden dos 190 mil euros pola taxa do lixo e de 40 mil pola ampliación da taxa de sumidoiros e a revisión dos contribuíntes.

Diminución de contratos , baixa nas inversións e das achegas aos grupos políticos.

No paquete de medidas a desenvolver contémplase a redución de contratos "menores", como os de limpeza de edificios públicos e o mantemento de xardíns e parques. Neste eido, a previsión é doutros 40 mil euros.

Contémplase a baixa en 150 mil euros do gasto propio previsto en materia de inversións para este ano, e de 140 mil euros nos vindeiros anos.

Por último se aplicará unha rebaixa do 50% da achega aos grupos políticos municipais co obxectivo de aforrar uns 8.700 euros anuais.

Votación do Plan de Axuste.

O plan contou co voto favorable dos 7 concelleiros do PP e os dous do CDL, a abstención do edil de IXG e o voto contrario dos 5 concelleiros do BNG e os 2 do PSOE.