Venres, 17 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

#Nigrán oferta un curso gratuíto de técnicas administrativas básicas para persoas desempregadas.

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Nigrán ofrece un curso de "Técnicas administrativas básicas de oficina", de 150 horas de duración, dirixido prioritariamente a persoas desempregadas e empadroadas no municipio. O curso, se impartirá nas instalacións municipais do Centro Antena Municipal (Rúa Otero Pedrayo, nº 52), dos días 19 de maio ao 28 de xullo, os luns, mércores, xoves e venres, en horario das 10.00 a 14.00, estando aberto o prazo de inscricións do 28 de abril ao 10 de maio.

O empresario Rubén Brión presentou o proxecto Benboa no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

ruben-brionA presenza no país de boa materia prima na terra e no mar, así como xente cualificada para tratala foron as bases que fixeron posible o proxecto Benboa de Currubedo. Así o salientou un dos seu fornecedores, o empresario Rubén Brión na presentación deste complexo pioneiro que conxuga un mercado tradicional, cun espazo de restauración, cetaria e máis unha tenda de pratos preparados a domicilio. Levou máis de oito anos o seu desenvolvemento entre trámites burocráticos e o período de investigación necesario para obter os produtos finais coa calidade óptima.

O BNG organiza unha charla informativa sobre a tarifa eléctrica en #Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

bombillaeuroO BNG de Nigrán organiza este venres 11 de abril unha charla informativa sobre a tarifa eléctrica e "os seus constantes incrementos nun país produtor excedente de enerxía como é Galicia". Intervirán o portavoz municipal Xavier Rodríguez e mais Carme Adán, deputada no Parlamento de Galicia. Será no Centro Antena de Nigrán (rúa Otero Pedrayo, 52) ás 18 horas.

As cifras do paro amosan un descenso do 3,6% interanual no Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF

Oficina de emprego BaionaAs últimas cifras de desemprego no Val Miñor non arroxan cambios significativos na creación de emprego, cun descenso de 30 persoas até os 4874 parados fronte aos 4.904 anteriores.

En termos interanuais a diminución de desempregados supón o 3,6% con 184 persoas paradas menos no Val Miñor.

Sindicatos seguen sendo críticos coas cifras do desemprego. Denuncian que, a pesar da caída do paro, o número de afiliados á Seguridade Social caeu un 0,4% con respecto a marzo do 2013 (arredor de 4.000 persoas) en toda Galicia

Gondomar lideraría ese descenso en termos interanuais con 173 persoas paradas menos.

Según os datos publicados pola Xunta de Galicia, Baiona sería o concello onde máis descendería o paro neste último mes de marzo, con 23 persoas menos respecto ao mes anterior, pero cun lixero aumento respecto ao ano 2013.

Gondomar con 6 persoas menos en Marzo de 2014 pero cun descenso de 173 persoas con respecto ao mesmo mes do ano anterior.

 Nigrán con 1 parado menos en Marzo de 2014 respecto ao mes anterior. Pese a ser o concello que conta co maior parque empresarial da zona, é o concello que menos variación ten respecto ao mes de fabreiro de 2014, cun descenso de apenas 19 persoas respecto aos datos de 2013.

#Curso gratuíto de operador de carretas elevadoras en #Gondomar. #Emprego

Correo-e Imprimir PDF

- As persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude de inscrición antes do 18 de marzo
A concellaría de Formación e Emprego do Concello de Gondomar, xunto coa Antena da Cámara de Comercio de Vigo, organiza un curso de operador de carretas elevadoras no que se terán en conta, tanto aspectos teóricos como prácticos do manexo seguro desta maquinaria.

Inscricións abertas para un #Curso de iniciación á cestaría en #Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

cesteria1-O prazo de inscrición remata o próximo 27 de marzo
O Concello de Gondomar ofrece, a través da Concellaría de Xuventude, un curso de iniciación á cestaría. O mesmo impartirase todos os martes do mes de abril en horario de 16.30 a 19.30 horas. As inscricións poderán formalizarse na Oficina Municipal de información Xuvenil ou chamando ao 986.369.746 ata o próximo 27 de marzo.

O Concello de #Gondomar reduce a súa facturación eléctrica case un 20%, en 2013

Correo-e Imprimir PDF

- A redución foi cuantificada en 89.615 euros. A administración local sinala que no 2012 o Concello de Gondomar pagou a Fenosa 453.502 € e no 2013, 363.887 €
En concreto, no pasado ano 2013 aforráronse 41.695 euros, un 15,3%, nas subministracións de último recurso (menos de 10 KW) e 47.920 euros, un 26,6%, nas subministracións de mercado libre (máis de 10 KW), segundo a Concellaría de Servizos local.

#Curso gratuíto de condutor de carretillas elevadoras en Nigrán. #Emprego

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Nigrán, a través  da concellería de Promoción Empresarial, Emprego e Comercio do Concello de Nigrán, ten prevista a realización dun curso de “condutor de carretillas elevadoras”, de 20 horas de duración e gratuíto, dirixido prioritariamente a todas as persoas desempregadas e empadroadas no municipio que desexen obter esta titulación.

#Gondomar: Últimas prazas para curso de #Formación para mulleres desempregadas.

Correo-e Imprimir PDF

casa-cultura-fronte-gondoma-Aberto o prazo para o curso Dinamización da empresa a través de internet e as redes sociais que organiza o CIM
- A acción formativa está dirixida, preferentemente, a 15 mulleres de Gondomar
.-As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición no CIM do municipio ata o próximo 5 de marzo

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL