Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

Oferta pública de emprego da Mancomunidade do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
A Mancomunidade do Val Miñor, presidida por Efrén Juanes, alcalde de Nigrán, fai unha oferta pública de emprego para dous postos de condutores de maquinaria. A oficina da mancomunidade atópase no Concello de Baiona é aí deben dirixirse os interesados.

A Ramallosa: Campaña compra na praza. Compra saúde.

Correo-e Imprimir PDF
A campaña comeza o próximo 9 de novembroA praza da Ramallosa únese a campaña da Xunta de Galicia “Este inverno presume de praceiro/a. Elixe o teu/túa preferido/a” e gaña cheques quincenais.

Dende o 9 de novembro ata o 4 de decembro, as persoas que compren na praza da Ramallosa recibirán un cupón por cada acto de compra, que poderán depositar na urna instalada alí mesmo indicando o parceiro preferido, e, asemesmo, entrarán nun sorteo quincenal de cheques compra por valor de 75, 50 e 25 euros, a descontar na propia praza ata o  31 de decembro de 2010.

José Luis Froiz Espiño: “A incerteza é o maior inimigo do consumo”.

Correo-e Imprimir PDF

Asociación Empresario Val MiñorO Plan Xeral de Ordenación Municipal é o gran pantasma dos tres concellos miñoranos. Ningún deles ten a tarefa feita e o 2010 despídese sen que o Val Miñor conte con regras claras en materia de urbanismo.O presidente da Asociación de Empresarios do Val Miñor, José Luis Froiz Espiño, manifestou a súa preocupación e responsabilizou este desarranxo legal de ser un dos grandes responsables da difícil situación pola que atravesa o sector da construción.

Achégate e navega canda nós. ACHEGO traballa na dinamización do comercio local.

Correo-e Imprimir PDF

ESPERANZA-ARAUJO-QUINTAS

Os empresarios agrupados na Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios de Gondomar (ACHEGO), poñen en marcha unha batería de iniciativas de cara a superar a marcada baixa nos consumos que dende hai dous anos afecta ao sector. É que non só a crise fai estragos na vila, a proximidade ao grande escaparate comercial que representa a cidade de Vigo, con seus centros comercias, franquisias e grandes superficies, fan da frase “Imos de compra a Vigo” o símbolo dunha conduta de consumo á que con enxeño e creatividade se busca cambiar pola sedución das ofertas do comercio local.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL