Venres, 17 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

Aberto o prazo de inscrición para o curso de "monitor/a de tempo libre" en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

nenos cordaO Concello de Nigrán anuncia a realización dun curso de "Monitor/a de Tempo Libre", cunha duración de 350 horas (teóricas e prácticas), dirixido de forma prioritaria a persoas desempregadas e empadronadas no municipio que posúan, como mínimo o Graduado Escolar. Neste curso, o alumnado aprenderá a organizar, dinamizar e avaliar actividades de lecer educativo dirixidas á infancia e a mocidade, no marco da programación xeral dunha organización, aplicando as técnicas específicas de animación grupal, incidindo na educación de valores e atendendo ás medidas básicas de seguridade e prevención de riscos.

Curso de acompañante de comedor social e de iniciación á fotografía en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

A Concellería de Patrimonio, Igualdade e Xuventude do Concello de Nigrán a través da OMIX e a Deputación de Pontevedra no marco do Programa Actívate 2014, organiza un curso de Acompañante de comedor escolar e un curso de Iniciación á Fotografía , para mozos e mozas de entre 16 e 35 anos. Os curso son gratuítos.

Traballadores reclaman estender a un mínimo de 9 meses o servizo da Residencia de Patos

Correo-e Imprimir PDF

traballadores residencia panxonTraballadores e traballadoras da residencia  "Tempo Libre de Patos" dependente da Xunta de Galicia, presentarán un escrito acompañado de cinco mil sinaturas, reclamando un mínimo de 9 meses de apertura do centro.

Farano este martes na delegación da Xunta de Galicia en Vigo, e dirixirán a súa petición á Consellaría de Traballo e Benestar Social, así como a Núñez Feijoo.

Aberto o prazo de inscrición para o curso de OpenOffice no Concello de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

A Concellería de Promoción Empresarial, Emprego e Comercio do Concello de Nigrán, ten previsto o inicio no mes de setembro dun curso de “OpenOffice”, dirixido prioritariamente a todas as persoas desempregadas e empadroadas no municipio que queiran mellorar os coñecementos nesta área

Os viños de Rías Baixas, dos máis premiados do Estado

Correo-e Imprimir PDF

Viñedos de Terras Gauda no RosalOs viños de Rías Baixas mantéñense ao alza no que a premios se refiren obtendo un total de 149 galardóns nos máis relevantes concursos estatais e internacionais. Mencións a parte, sumaron 68 en total, os viños de Rías Baixas mantéñense en boa forma e, continúan a súa posicionamiento entre os mellores viños brancos do mundo. As marcas desta denominación incrementan o número de premios en 23 con respecto ao ano pasado, chegando aos 149 galardóns, recollidos ao longo deste ano en prestixiosos concursos a nivel estatal e internacional (24 ouros, 77 pratas, 48 bronces). Todos eles superaron as marcas do ano anterior.

Gondomar convoca oposicións para cubrir temporalmente a praza de arquitecto técnico.

Correo-e Imprimir PDF

casa-concello-gondomarO Concello de Gondomar procura cubrir unha praza de arquitecto técnico municipal mediante o sistema de oposición. A praza terá carácter interino para cubrir unha baixa laboral do titular. Os interesados poden descargar as bases no Boletín Oficial da Provincia do 18 de agosto de 2014. O prazo remata en 5 días.

Nigrán non investiu todo o seu orzamento para a creación de emprego, pese a ter 1700 persoas no paro.

Correo-e Imprimir PDF

oficina emprego baionaNigrán pechou o 2013 con máis de 1.700 persoas en paro, sen embargo o goberno local só gastou 19.618,57€, dos 35.000€ que dispoñía na partida para “Fomento do Emprego” dese ano. A falla de traballo que afecta a máis do 15% da poboación activa de Nigrán foi deste xeito deficientemente xestionada pola administración popular segundo o edil Fernández Comesaña (UCN), quen revela estes datos , ao deixar de investir máis de 15 mil euros en cursos de orientación na procura de emprego.  

5.5 millóns de cupóns da ONCE amosarán a praia Barbeira o vindeiro 21 de agosto.

Correo-e Imprimir PDF

cupon-once-barbeiraUn total de 15 praias de Galicia estarán reflectidas no cupón diario da ONCE de luns a xoves durante o mes de agosto. En total  82,5 millóns de cupóns estarán dedicados aos areais da do país. A concellaría de Turismo de Baiona, adianta que de entre máis de 800 praias, a praia Barbeira, foi seleccionada para que o día 21 de agosto apareza reflectida no cupón que se sorteará ese día. O cupón se distribuirá en todo o territorio estatal, aparecendo en 5,5 millóns de cupóns, o que supón para a administración local “unha importante promoción deste areal e da propia vila”.

Inscricións abertas para postos e paradas das feiras de agosto en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Gondomar informa de que se abriu o prazo para a solicitude de postos e paradas nun evento que congregará tres feiras: III Festa Medieval, II Feira de Artesanía e Mostra de Oficios Tradicionais ademais da I Feira da Cervexa Artesanal. As mesmas terán lugar do 22 ao 24 de agosto.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL