Venres, 17 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

Mercadona de Nigrán oferta 5 postos de traballo e consegue máis de 3000 candidatos en 72 horas.

Correo-e Imprimir PDF

mercadonaO supermercado Mercadona oferta 5 postos de traballo nas súas instalacións en Porto do Molle.

A tan só 72 horas da súa publicación nas redes, próximo a 3.400 persoas xa se sumaron á oferta  no portal de emprego Infojobs e a cifra medra a cada hora.

As cinco vacantes son a xornada completa (40 horas semanais), de luns a sábados.

Segundo a oferta publicada no portal, non se require experiencia previa sendo a formación a cargo da empresa. O salario ofertado vai de 15.000 a 18.000 euros brutos anos, con contrato indefinido.

Os candidatos e candidatas deben ter cursada a ensinanza secundaria obrigatoria (ESO) completa, residir na provincia e ter carné de conducir para o posto de repartidor.

Gondomar abre inscricións para unha charla sobre emprendemento a través das redes

Correo-e Imprimir PDF

A Oficina de Información Xuvenil de Gondomar organiza unha charla gratuíta sobre novas posibilidades de emprendimiento que ofrece hoxe Internet, con especial fincapé nos blogs e o sistema de financiamento Crowdfunding. O coloquio estará a cargo de persoal da Xunta de Galicia que asesorará aos asistentes sobre o tema. A charla de dúas horas de duración forma parte do Programa Activa da Dirección Xeral de Xunventude. Será o día venres 31 de outubro no Centro Neural do municipio.
Os interesados deben inscribirse no teléfono 986 369 746 ou a través da páxina web da OMIX Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , indicando nome, apelidos, DNI, data de nacemento e teléfono de contacto.

Os empresarios galegos auguran un 2015 “espectacular”

Correo-e Imprimir PDF

Alvariño, presidente da CEG“O 2015 será un ano espectacular”. É a previsión que fai o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), José Manuel Fernández Alvariño. Unha previsión realmente optimista sobre a recuperación económica do país.

A Rede Galega de Sementes prepara o seu XIII encontro a celebrarse na Alameda de Redondela.

Correo-e Imprimir PDF

5mercado semente paradela

Tralo encontro celebrado en maio na Paradela de Gondomar, este mercado agrícola alternativo celebrarase o vindeiro sábado 11 de outubro na Alameda de Redondela. Organizado pola Rede Galega de Sementes, congregará a agricultores, artesáns e colectivos culturais dende as 10 horas da mañá. O mercado de sementes o fará unha hora máis tarde ata as 14 horas, reabrindo ás 16 ata as 19 horas. Obradoiros, xogos infantís, cine, exposicións e mesas de “intercambio de saberes” completan o programa deste XIII Encontro da Rede. En caso de choiva o encontro pasa á Feira de Gando de Redondela.

A Casa da Cultura de Gondomar ofrece a mulleres 7 cursos gratuítos en diversas áreas laborais.

Correo-e Imprimir PDF

Cunha modalidade online, os cursos ofertados son de 85 horas de duración e orientados a mulleres residentes no municipio. Os mesmos abarcan as áreas de informática , xestión contable, uso profesional de redes sociais, protección de datos, prevención de riscos laborais, educación para a igualdade de oportunidades e inglés intermedio. O prazo de inscrición remata o vindeiro 7 de outubro

Chandebrito recupera o oficio da cestería tradicional cun novo curso na parroquia.

Correo-e Imprimir PDF

Cesteria chaA Asociación Veciñal e Cultural "Chandebrito 1807", co fin de recuperar e poñer en valor un dos oficios tradicionais máis antigos, convoca para esta nova tempada 2014/2015 un curso de cestería tradicional, denominado Cestería en palla de centeo (II), a cargo de Rubén Berto Covelo, mestre cesteiro artesán de Vigo. O mesmo desenvolverase na Escola infantil de Chandebrito (rúa da Igrexa, 2), todos os luns dende o 6 de outubro ata o 29 de decembro de 2014 (ambos incluídos) en 12 sesións.

Un proxecto de produción de shiitake será presentado ao público polos comuneiros de Couso.

Correo-e Imprimir PDF

shiitakeNos montes de Couso (Gondomar) agroma un novo proxecto produtivo baseado nun cogomelo coñecido mundialmente como shiitake (Lentinus edodes). Especie rica en proteínas, e cunha tradición milenaria de explotación, comercialización e consumo en Asia, rexistra gran demanda tanto no eido gastronómico como da medicina. A Comunidade de Montes de Couso destinou mil metros cadrados a unha plantación experimental capaz de producir próximo a dúas toneladas destes fungos. A dez euros o quilo no mercado, a aposta amosa máis que interesante para estes comuneiros que levan máis de tres anos traballando nesta iniciativa. O vindeiro sábado 13 de setembro ás 17 horas, terá lugar unha presentación no Centro Veciñal de Couso, aberta ao público, onde a bióloga María Caslderrey Quiñones (Hifas da Terra) dará detalles deste emprendemento. Posteriormente ás 18:30 horas haberá unha visita guiada á zona de produción, guiada polos comuneiros.

Nigrán convoca oposicións libres na procura de tres axentes de carreira para a policía local.

Correo-e Imprimir PDF

O obxecto da convocatoria é a selección de persoal para ocupar tres prazas de funcionarios/as de carreira na policía local do Concello de Nigrán, segundo da conta o Boletín Oficial da Provincia. As bases da convocatoria poden consultarse no BOP e o prazo remata o vindeiro 29 de setembro.

Aberto o prazo de inscrición para a obtención do graduado en educación secundaria obrigatoria.

Correo-e Imprimir PDF

auditorio-nigranA Concellería de Patrimonio, Igualdade e Xuventude do Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres organiza un curso preparatorio das probas libres para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ( E.S.O. ) que comezará no vindeiro mes de outubro.
Para máis información ou inscrición as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres na antiga estación do tranvía de Panxón , Estrada pola Vía, nº65, Panxón, Nigrán. Teléfono: 986 383081, correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL