Martes, 30 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda

#Gondomar : Concerto de Pelepau na Alameda

Correo-e Imprimir PDF

pelepau folkO estilo "Pelepau" encherá unha nova noite de verán no escenario montado na Alameda de Gondomar. Percusións e boas voces amplificarán aos catro ventos as música do país que este grupo espalla por toda a xeografía galega.

Visita guiada aos petróglifos e monte comunal de Santa Cristina da Ramallosa

Correo-e Imprimir PDF

oteiroO vindeiro sábado 8 de agosto terá lugar unha visita guiada con punto de encontro no encoro de Baíña ás 19:30 horas. Coa guía de comuñeiros terá lugar un percorrido polo monte durante unha hora, sendo a súa dificultade cualificada como "baixa" pola organización. A visita abranguera o bosque autóctono, a presa de Morade, a produción de cogomelos e o colmenar Rematará cunha visita nocturna aos petróglifos de Outeiro dos Lameiros con música e queimada.

#AxendaVM Última oportunidade para ver a Iván Ferreiro, hoxe en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

ivanferrerirolivetherrofLogo da actuación desta semán con Leiva en "El Náutico de San Vicente" no Grove, Iván Ferreiro volve a "xogar en casa" e ofrecerá un concerto en acústico este xoves 6 de agosto ás 21 horas no Pazo de Cea. O concerto será unha ocasión para repasar a discografía deste músico miñorano con proxección internacional. E quen sabe, igual Leiva aínda anda pola zona.

A Carrasca celebrará a V Festa Gastronómica de Ovos con Chourizo

Correo-e Imprimir PDF

a carrascaO Concello de Nigrán colabora coa celebración da "V Festa Gastronómica dos Ovos con Chourizo" que se celebra mañá venres dende as 21.30 horas no CCD Bolos da Carrasca, que conclúe mediante este evento a súa semana cultural.

Noite de Jazz na Alameda de #Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

The-Swamp-Donkeys1A noite de xoves de Gondomar terá jazz como fondo musical. A concellaría de Cultura local anuncia a presenza de The Swamp Donkeys & Ashlin Parker New Orleans Jazz Concert. Será a partir das 22:30 horas na Alameda.

Proxéctase “Las aventuras de Peabody y Sherman” nas noites de cine na Coelleira de #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

mr-peabody-sherman-25463-1920x1080O ciclo Cinema na Rúa en Gondomar ofrecerá este mércores 5 de agosto unha proxección para todo público no Parque da Coelleira. A función dará comezo ás 22:30 horas coa proxección do filme "Las aventuras de Peabody y Sherman" (2014), dirixida por Rob Minkoff.

Castro e Ladeira organiza excursións á Ribeira Sacra e Ávila .

Correo-e Imprimir PDF

albatormesA Asociación Veciñal Castro e Ladeira de Sabarís, anuncia a organización para o 22 de Agosto dunha excursión por Ribeira Sacra, Castelo de Monforte de Lemos, Castelo Castrocaldelas e posible visita a unha bodega.Para mais información chamar os telefonos: 636.921.744 ou 679.185.813.

Música nos xardíns da Tía Ni en Sabarís.

Correo-e Imprimir PDF

tianiO cuarteto Gyn Quartet é unha agrupación formada por alumnos do Conservatorio Superior de Musica de Vigo. Cun repertorio variado, as súas músicas percorrerán dende o clacisismo até o romanticismo, incluíndo outros estilos, como bandas sonoras de películas. O concerto terá lugar este mércores 5 de agosto ás 21 horas nos xardíns da Casa da Tía Ni

#Fotografía: Concurso “A túa paisaxe do verán”

Correo-e Imprimir PDF

chandebritoNo marco do programa Somos Paisaxe financiado polo Instituto de Estudos do Territorio, a Fundación Galicia Sustentable convocará unha serie de concursos cos que se pretende activar unha mirada da poboación sobre a paisaxe que transcenda o estético e comunique aspectos relacionados cos valores da paisaxe no desenvolvemento socioeconómico e/ou no benestar dunha sociedade. Trátase dun concurso amateur aberto a toda a poboación

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL