Martes, 21 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda

Todo o que podemos facer nesta fin de semana en #Nigrán “a un clic”

Correo-e Imprimir PDF

pilates-lourido

A fin de semana presenta unha axenda de actividades abertas a todo público nas distintas parroquias de Nigrán. Dende clases de pilates e zumba no Lourido, un carnaval de verán en Parada, Maxia en Panxón, feira de antiguedades en San Campio e ximnasia na praia, son as ofertas coordinadas polo Concello de Nigrán dende a concellaría de Cultura.

O estadounidense Chris Cheek, considerado o mellor saxofonista do momento, protagonista do #Nigránjazz

Correo-e Imprimir PDF

Chris-Cheek

-O Festival adiántase este ano ao 31 de xullo para contar coa presenza dos mellores músicos de jazz da escena mundial

-O Cartel o completa o contrabaixista chileno Pablo Menares e o vibrafonista catalán Andreu Vilar-Juanola, ambos incorporarán a algúns dos mellores artistas galegos

-Os músicos e afeccionados poderán adquirir coñecementos nunha master-class matinal a cargo do quinteto de Chris Cheek

Toda a axenda de ocio e cultura de #Gondomar para xullo e agosto a un clic.

Correo-e Imprimir PDF

Pincha na imaxe para ampliarCatorce películas, dezaseis espectáculos musicais, un festival e dúas feiras é oferta de espectáculos públicos que ofrece o Concello de Gondomar a veciños e visitantes na tempada estival. En total próximo a 40 actividades entre as que destacan un festival musical na Alameda no Día Europeo da Xuventude, e o desenvolvemento da III Feira de Artesanía e Oficios Artesáns e a II Feira da Cervexa Artesanal que cubrirán as rúas céntricas da vila condal.

Programa musical para este mércores 22 de xullo en #Sabarís

Correo-e Imprimir PDF

tianiA música toma os xardíns do Mercado da Tía Ni (Rúa Xulián Valverde, 36 )nun ciclo de concertos organizados por Leo Blanco e Mar Gómez. Nesta ocasión o carteto "Animato" interpretará pezas de Pachelbel, Boccherini, Mozart e unha selección de bandas sonoras e pezas populares.

Todo o que podes facer este mércores 22 de xullo en #Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

lourido praiaO C.R.C. Parada do Miñor en colaboración co Concello de Nigrán festexa a súa V Semana Cultural. O mércores, ás 20.30 horas, actuará a Escola de Danza Moderna Concello de Gondomar (Asociación Xuvenil de Paradela) e ás 21.30 horas o grupo folclórico 'A Merced de Chain'.

A parroquia de Parada celebra dende mañá a súa V Semana Cultural

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Nigrán colabora co Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor para celebrar a V Semana Cultual que terá lugar dende mañá martes ao venres 24 de xullo. Así, dende o martes ao xoves desenrolaranse diversas actuacións folclóricas e o venres terá lugar o primeiro entroido de verán na parroquia, enmarcado na VI Festa da Xuventude. Ese día a comparsa 'Fantasía de Primavera' do C.C.R. de Parada volverá a mostrar ao público a súa coreografía xunto ao grupo Breogán Valle Miñor. Ademais, haberá discoteca móbil e Djs.

Cantares do Brión nas festas de Santa Mariña: “toda a música é bailable”.

Correo-e Imprimir PDF

cantares-cuviEste domingo 19 de xullo a parroquia de Vincios vivirá unha xornada especial coa celebración das festas de Santa Mariña. Ás 13:30 horas e dentro do programa festivo terá lugar a actuación do Coro Tradicional Cantares do Brión no torreiro. "Para esta ocasión escolleuse un repertorio moi variado, con pezas habituais en Cantares do Brión e outras novas, destacando a estrea de dúas melodías populares enlazadas, coa participación da sección de baile do coro", adiantan dende a agrupación.

A Asociación de Danza de Gondomar pecha aulas cun gran “Festival Fin de Curso” na Alameda da vila.

Correo-e Imprimir PDF

IMG-20150709-WA0002A Asociación de Danza de Gondomar remata a tempada 2014-2015 que congregou a máis 40 mozas e mozos nas aulas impartidas por Gabriel Vázquez (Fusión), Clara Ferrao (Danza Clásica e Moderna), Hilda Lagos (Acrobática) e Sara Lago (Hip Hop). Con tal motivo porán en escena o "Festival Fin de Curso" na que todos os seus corpos de baile amosarán as principais coreografías traballadas ao longo do ano.

Inscricións abertas para a Ruta Marítima por Baiona e o litoral sur coa guía de Xosé Lois Vilar.

Correo-e Imprimir PDF

maritimaA vindeira Xeira do IEM deste verán será unha navegación marítima pola costa do Val Miñor e o litoral sur atlántico cunha guía a cargo do arqueólogo Xosé Lois Vilar. A mesma terá lugar o mércores 22 de xullo con saída no porto de Baiona ás 21 horas. É necesario facer unha inscricións previa no teléfono 986360575 o día venres de 18 a 21: horas; luns e martes de 10 a 13 e de 18 a 21:30 horas. Prezo 10 euros socios e menores de 12 anos, 15 euros público en xeral.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL