Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda

Carlos Blanco chega Só co seu monólogo a Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
Carlos Blanco presenta o seu monólogo

Carlos Blanco dá a súa visión do Camiño de Santiago no monólogo “Só”, este venres 19 de novembro en Gondomar. O espectáculo enmárcase na programación cultural de outono da Concellería de Cultura do Concello de Gondomar. Será ás 22.00 no Auditorio Municipal Lois Tobío.

A Comisión de Festas de Parada inaugura "Os andares do porco".

Correo-e Imprimir PDF

cartel-porcoA tradicional tempada da matanza do porco será inaugurada cunha festa gastronómica que por  tres meses percorrerá as parroquias do concello de Nigrán. "Os andares do porco" é unha iniciativa das concellerías de Cultura, Turismo e Festexos que busca  contribuír coa tarefa das comisións de festas parroquiais aportando unha exposición fotográfica sobre as faenas, carteis, invitacións, bandas de gaitas o dúos para amenizar as reunións.

Cun prezo cercan aos 15 euros, os visitantes poderán desgustar a carne de porco preparada de tódalas formas tradicionais: churrasco, cocido, lacón con grelo, empanada, nunha maratón onde cada comisión preparará o prato nunha especialidade.

Magosto e Cogomelos en Panxón

Correo-e Imprimir PDF
Magosto e cogomelos en PanxónO tradicional Magosto do Concello de Nigrán terá lugar o próximo sábado 13 de novembro no pavillón de deportes de Panxón.  Durante todo o día haberá obradoiros e xogos para nenos, postos de artesanía (cerámica, coiro, bixutería, etc.) e diversos produtos tradicionais (noces, mel , licores, rosquillas, etc.) que estarán a venda.

A actividade se desenvolverá coa programación das II Xornadas dos Cogomelos, de tal xeito que mentres os maiores participan das propostas relativas as setas, os nenos terán as súas propias no pavillón.

O programa de obradoiros comeza ás 11 da mañá ata as 14 horas. Os máis pequenos poderán colorear e recortar castañas, os maiores de 7 anos construirán meigas e vagabundos con produtos naturais, e para tódalas idades una actividade mural “o magosto é…”.

Chegou o tempo das setas e Nigrán vai buscalas.

Correo-e Imprimir PDF
Cartaz das xornadas micolóxicasAs setas serán o centro de atención turística deste fin de semana en Nigrán. A Concellería de Turismo ten organizado unhas Xornadas Micolóxicas para os días 12 e 13 de novembro, onde os veciños serán adestrados na complexa arte de seleccionar os cogomelos comestibles dos que non.

Para comezar, o experto Jaime B. Blanco, membro da Agrupación Micolóxica Brincabois, falará da "Comparativa entre setas tóxicas e comestibles", nunha conferencia na Sala do Pleno do Concello de Nigrán, o próximo venres ás 20:00 horas.

Para no esquecer o aprendido, o sábado 13 as dez da mañá toca saír ao monte para recoller cogomelos. A actividade parte da casa do Concello e é imprescindible levar coche ou conseguir quen o leve.

III Festa da Lura na Real Vila de Baiona. Sábado 6 e o domingo 7 de novembro.

Correo-e Imprimir PDF

3ª Festa Gastronómica da Lura

Baiona prepárase para recibir centos de visitantes durante a celebración da III edición da Festa da Lura. O sábado 6 e o domingo 7 de novembro, a partir das 12 da mañá, os asistentes poderán degustar na carpa instalada na praza do concello este apreciado cefalópodo. Neste prezo da porción será de tres euros e inclúese a bebida e unha a cazola conmemorativa.

Este será só o aperitivo xa que uns 50 establecementos hostaleiros da Real Vila ofrecerán distintos pratos elaborados con este típico produto. Os organizadores esperan superan a cifra da última edición na que se repartiron unhas tres mil porcións. Recordar que o ano pasado a última hora, o goberno municipal e ACEBA decidiron suspender a celebración de festa debido á consternación do pobo de Baiona, polo secuestro dos mariñeiros no Índico a bordo do Alakrana.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL