Como xa é tradicional no verán o Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) organiza unha serie de visitas-guiadas ou Xeiras a distintos lugares de especial interese histórico, artístico, natural e paisaxístico do Val de Miñor e a súa contorna, dirixidos por especialistas no tema da visita. Para esta edición 2015 deseñáronse nove percorridos dos cales dous serán en barco.
Axenda
A Fogueira dos Versos volverá acenderse na noite de San Xoán
Magín Blanco será o artista convidado co seu espectáculo "Contos encantados"
A noite do 23 de xuño Espazo Lectura celebrará un san Xoán diferente coa oitava edición de A Fogueira dos Versos: unha festa na que se combina a celebración tradicional desta data (con comida, lumieira e música tradicional), co recitado de poemas a carón do lume e cun espectáculo que este ano correrá a cargo do músico Magín Blanco que, coa proposta "Contos encantados", encherá a noite de historias e cancións.
Sardiñada, música e fogueiras de San Xoán en Peitieiros
O Centro Cultural e Veciñal de Peitieiros, en colaboración coa Comisión de Festas organizan a Noite de San Xoán a partir das 22 horas deste martes. O programa terá como espazo de encontro o Adro da igrexa de Peitieiros coas seguintes actividadades:
O grupo de gaitas e pandereteiras do Sobreiro convocan ao Serán 2015 en Borreiros.
O grupo de gaitas Cores do Sobreiro e as pandereteiras do Sobreiro organizan o Serán 2015 de Borreiros. A actividade terá lugar o vindeiro sábado 20 de xuño ás 22 horas no Centro Cultural da parroquia.
Asociacións cultuais de Baiona convocan o VIII Serán “Á beira do mar".
A Escola de Danza de Baiona, a Asociación Cultura a Seneria e O Ximbaleu organizan a oitava edición do Serán "Á beira do mar", que tomará o parque da Palma na tarde do vindeiro 20 de xuño a partir das 20 horas.
Coma sempre, haberá obradoiros de baile tradicional, pasarrúas polo casco vello para a partir das 22 horas comezar o serán no palco de música situado na Palma.
Á media noite compartirase unha chocolatada.
Fogueiras de San Xoán na Camoesa
No campo de fútbol da Casa da Cultura terán lugar as tradicionais fogueiras de San Xoán o vindeiro martes 23 de xuño. Organizada pola asociación veciñal e a asociación cultural "A Camoesa", xunto coa comunidade de montes, a festa contará con sardiñas asadas e pan de millo, así como refrescos e viño gratuíto para toda a veciñanza de Camos. A festa estará amenizada polo grupo de gaitas Algarada de Priegue.
#Sabarís : "Contrabalde" música étnica do mundo en concerto na Tía Ni .
Ás 22 horas deste venres dará comezo o concerto do trío Contrabalde nas instalación da Tía Ni en Sabarís. O grupo está integrado por Dan Santana (voz e percusión) Iván Gulín (voz, contrabalde e violín) e Paco Represas (guitarra e voz). Executan temas en galego, portugués e castelán, xente "case sen prexuízos" en temas musicais e que se definen como banda que "tunea cancións do mundo". Será na Rúa Xulián Valverde nº36.
Apertura de inscricións para clases de baile e pandeireta en Sabarís.
A asociación veciñal Castro e Ladeira de Sabarís oferta clases de baile galego e pandeireta. Dirixidos a todas as idades, destes obradoiros musicais preténdese concretar a creación de grupos representativos da parroquia nestas especialidades. Iniciativa que conta co antecedente do xa formado grupo de música tradicional da asociación que leva por nome "Estrela destroxira", en homenaxe á estación de arte rupestre de igual nome na parroquia.
Baíña presume de foliada cun gran evento musical esta fin de semana. #Baiona
Van na novena edición e coma sempre a festa será un espazo aberto a músicos e veciños que desexen achegarse á Casa Veciñal. Organizada pola Asociación Folclórica Airiños da Lagoa, a foliada comezará ás 22 horas do vindeiro sábado 13 de xuño até estragar as gorxas e baleirar as sardiñas con pan de millo, os chourizos e o chocolate que estarán disposto para consumir entre peza e peza.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL