Mércores, 24 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda A Fogueira dos Versos volverá acenderse na noite de San Xoán

A Fogueira dos Versos volverá acenderse na noite de San Xoán

Correo-e Imprimir PDF
00 Fogueira versos Cabeceira-300x191

Magín Blanco será o artista convidado co seu espectáculo "Contos encantados"
A noite do 23 de xuño Espazo Lectura celebrará un san Xoán diferente coa oitava edición de A Fogueira dos Versos: unha festa na que se combina a celebración tradicional desta data (con comida, lumieira e música tradicional), co recitado de poemas a carón do lume e cun espectáculo que este ano correrá a cargo do músico Magín Blanco que, coa proposta "Contos encantados", encherá a noite de historias e cancións.


A Fogueira dos Versos celébrase na Casa da Lectura a partir das 21:00 horas. As persoas que se animen a participar poden contribuír á festa traendo das súas casas algo de comida.
Coa Fogueira dos Versos Espazo Lectura cerra unha nova tempada de actividades centradas no fomento do libro e a lectura en Gondomar. Unha tempada que grazas ao traballo voluntario das persoas que conforman a asociación mantivo unha completa axenda de actividades destinadas a todos os públicos de todos os treitos de idade.
Todas as actividades de Espazo Lectura retomaranse tras o verán.