Martes, 16 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Calendario das Xeiras do IEM verán 2015

Calendario das Xeiras do IEM verán 2015

Correo-e Imprimir PDF

550xeiras-iem-groba

Como xa é tradicional no verán o Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) organiza unha serie de visitas-guiadas ou Xeiras a distintos lugares de especial interese histórico, artístico, natural e paisaxístico do Val de Miñor e a súa contorna, dirixidos por especialistas no tema da visita. Para esta edición 2015 deseñáronse nove percorridos dos cales dous serán en barco.

Data

Saída

Guías

Punto de Encontro

1 xullo, mércores, 18:00h

Paseo botánico polo río Muíños (Porto do Molle)

Xosé Ramón García

Escola de Vela de Lourido (P. América)

8 xullo, mércores, 18:00h

Os Cotos de Chaín

Pura González Martínez, Margarita Miramontes

Local do IEM

17 xullo, venres, 20:00h

Os petróglifos do Monte Tetón*

Xosé Lois Vilar

Informe na Inscrición previa

22 xullo, mércores, 21:15h

Ruta marítima Baiona-litoral Sur* (B1)

Xosé Lois Vilar

Embarque no Porto de Baiona

29 xullo, mércores, 18:00h

A aldea de San Cosme

Anxo Rodríguez Lemos

Chan da Lagoa

5 agosto, mércores, 18:00h

A Estrada Real

Anxo Rodríguez Lemos, Antonio Soliño, Carlos Méixome

Ponte da Ramallosa

7 agosto, venres, 20:00h

Os petróglifos do Monte Tetón*

Xosé Lois Vilar

Informe na Inscrición previa

12 agosto, mércores, 21:15h

Ruta marítima Baiona-Cíes* (B2)

Xosé Lois Vilar

Embarque no Porto de Baiona

14 agosto, venres, 20:00h

Noite de estrelas e lobos

Xilberte Manso, Xulio Pereira Neiva, Xosé Lois Vilar

Chan da Lagoa

Local do IEM: Aula de Cultura Ponte de Rosas. Avda. da Feira 10, baixo, Gondomar. Teléfono: 986 360 575 / Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo / www.minhor.org


*Requisitos para asistir ás Xeiras marítimas.
Reserva de prazas:
a) Dende o día 1 de xullo de luns a venres, de 18:30 a 21:30 horas no teléfono 986 36 05 75 (Instituto de Estudos Miñoranos).
b) De lle confirmar a praza, deberán facer o aboamento na conta corrente 2080.5035.07.3040014164 de ABANCA
c) No "concepto" do depósito debe constar a indicación "B1" ou "B2", acompañada dos números de viaxeiros que se lle outorgarán na reserva telefónica. Logo deben enviar o comprobante do ingreso ao correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
d) IMPORTANTE: de non enviar o comprobante 48 horas antes da saída da Xeira, será eliminada esa reserva
Prezos: Público xeral 15 € / Socios do IEM e menores de 12 anos, 10 €.
Nestas rutas marítimas a organización resérvase o dereito de variar a ruta (dependendo do estado da mar) ou de anular a saída de non acadarse o mínimo de 100 viaxeiros.
*Requisitos para asistir ás Xeiras aos petróglifos do Monte Tetón
As visitas guiadas ao Ecoparque Arqueolóxico do Monte Tetón serán gratuítas máis necesitan de inscrición previa. As mesmas terán lugar dende o día 1 de xullo de luns a venres, de 18:30 a 21:30 horas no teléfono 986 36 05 75 (Instituto de Estudos Miñoranos).

Descargar Calendario das Xeiras