Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Música nos xardíns da Tía Ni en Sabarís.

Música nos xardíns da Tía Ni en Sabarís.

Correo-e Imprimir PDF
tiani

O cuarteto Gyn Quartet é unha agrupación formada por alumnos do Conservatorio Superior de Musica de Vigo. Cun repertorio variado, as súas músicas percorrerán dende o clacisismo até o romanticismo, incluíndo outros estilos, como bandas sonoras de películas. O concerto terá lugar este mércores 5 de agosto ás 21 horas nos xardíns da Casa da Tía Ni

.
Formado por Carla Fontán (violín), Ignacio Carnota (violín), Samuel Vidal (viola) e David Otero (cello), o cuarteto abrirá unha nova xornada do Festival de Música de Sabarís.