Mércores, 1 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Visita guiada aos petróglifos e monte comunal de Santa Cristina da Ramallosa

Visita guiada aos petróglifos e monte comunal de Santa Cristina da Ramallosa

Correo-e Imprimir PDF
oteiro

O vindeiro sábado 8 de agosto terá lugar unha visita guiada con punto de encontro no encoro de Baíña ás 19:30 horas. Coa guía de comuñeiros terá lugar un percorrido polo monte durante unha hora, sendo a súa dificultade cualificada como "baixa" pola organización. A visita abranguera o bosque autóctono, a presa de Morade, a produción de cogomelos e o colmenar Rematará cunha visita nocturna aos petróglifos de Outeiro dos Lameiros con música e queimada.

As persoas interesadas deberán confirma asistencia aos teléfonos 649137135 e 655569126. Se aconsella levar roupa e calzado cómodos, pernas tapadas e lanterna.

A comunidade de montes colocará postos con venda de bocadillos e bebidas a prezos populares.