Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda #Fotografía: Concurso “A túa paisaxe do verán”

#Fotografía: Concurso “A túa paisaxe do verán”

Correo-e Imprimir PDF
chandebrito

No marco do programa Somos Paisaxe financiado polo Instituto de Estudos do Territorio, a Fundación Galicia Sustentable convocará unha serie de concursos cos que se pretende activar unha mirada da poboación sobre a paisaxe que transcenda o estético e comunique aspectos relacionados cos valores da paisaxe no desenvolvemento socioeconómico e/ou no benestar dunha sociedade. Trátase dun concurso amateur aberto a toda a poboación

Na procura dunha visión diversa e dinámica das paisaxes convocaranse 4 concursos: Esta primeira convocatoria, "A Túa Paisaxe do Verán", está aberta do 1 de agosto ao 21 de setembro. Tras a súa resolución se abrirán as seguintes edicións "A Túa Paisaxe do Outono", "A Túa Paisaxe de Inverno" e "A Túa Paisaxe de Primavera".

Recorda que tamén podes compartir as túas imaxes co hashtag #eusonpaisaxe para mostrar a nosa relación co medio e a súa configuración.

Bases do concurso