Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda

Mª Goretti Fariña recibirá o III Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Menor de Morgadáns.

Correo-e Imprimir PDF

III Premio de poesia Victoriano TaiboO vindeiro sábado 11 de decembro, nos locais da Escola de Guillufe (Morgadáns) terá lugar a entrega do III Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns. A gañadora do certame Mª Goretti Fariña recibirá de mans de Urbano Esmerodes, presidente da Entidade Local de Morgadáns o cheque de 3000€ co que está dotado o premio. Ademais, a escritora recibirá a escultura conmemorativa deste evento, obra do artista Fino Lorenzo.

O Centro Cultual A Merced de Chaín prepara o Concerto de Panxoliñas.

Correo-e Imprimir PDF

cartel-nadal-chainO Centro Cultual A Merced da parroquia de Chaín (Gondomar), prepara no seu auditorio o Concerto de Panxoliñas que terá lugar o próximo sábado 18 de decembro ás 20 horas. A tal fin invita a nenas e nenos que queiran facer manualidades de Nadal para mañá domingo no Centro.

Inversa Teatro chega á Mostra de Teatro de Outono coa obra contemporánea “Kamouraska”

Correo-e Imprimir PDF

inversaA programación da Mostra de Teatro de Outono do concello de Gondomar continúa esta fin de semana coa representación de Kamouraska, a cargo da compañía pontevedresa Inversa Teatro. A obra será o sábado, ás 22.00, no Auditorio Municipal Lois Tobío.

Magosto popular en Baiona

Correo-e Imprimir PDF

Mañá sábado, día 27, a partir das 18:30, celebrarase un magosto popular na Praza do Concello de Baiona. Haberá degustación de castañas e viño. Outro dos alicientes deste acto, aberto á participación veciñal, Javier Urquijo "Os Segredos" ofrecerá un concerto acústico.

O Mago Xacobe protagoniza o segundo espectáculo do Ciclo de Maxia de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
Mago Xacobe

O mago compostelán Xacobe Sanz actuará este sábado 27 en Gondomar, dentro da II Mostra de Maxia, organizada pola Concellería de Cultura. “Ilusións Máxicas”, o nome do seu espectáculo, combina toda a fantasía da maxia coa frescura da improvisación teatral. Trátase dun espectáculo humorístico de intriga, evasións, adiviñanzas, revelacións e algunha que outra levitación. A interacción co público é un dos puntos fortes da súa proposta. A combinación des distintas vertentes da maxia dá coma resultado un espectáculo ideal para toda a familia.

A Concellería de Igualdade proxecta a película “Antonia” en conmemoración do 25 de novembro.

Correo-e Imprimir PDF
Antonia

A Concellería de Igualdade do Concello de Gondomar, en conmemoración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, proxectará a película “Antonia” de Marleen Gorris, premiada co Oscar á mellor película estranxeira no ano 1996, o día 26 de novembro ás 20.00 horas, na Casa da Cultura. O remate da proxección haberá un coloquio.

A obra do escultor Enrique Conde chega ao Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

aula_ponte_de_rosasGondomar recibe a exposición "Lugares-Territorios. Unha dúcia de construcións en madeira" do artista plástico Enrique Conde. A inauguración será o próximo venres 26 de novembro na sala de exposicións Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do Instituto de Estudos Miñoranos. Ás 20:30 horas abrirá a mostra que contará coa presenza do creador. A presentación estará a cargo de Xosé Manoel González Rivera, deseñador gráfico, doutor en Belas Artes e profesor da Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Failde. Finalizada esta o público compartirá uns petiscos co artista convidado.

Maxia, contos e un agasallo literario para 150 nenos de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
Maxia e contos en NigránUn espectáculo de contos e maxia recibirá a 150 escolares de 9 a 14 anos dos colexios de Nigrán o próximo mércores 23 no Centro Cultual O Torreiro de Priegue, ás 11 horas. A actividade forma parte da campaña Bocaberta da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, que dende hai tres anos fomenta o uso do galego e a lectura nesta lingua entre a poboación infantil e xuvenil, a través dun programa de actividades que desenvolve en colaboración con diversas editoriais de Galicia.

 

Espectáculos de maxia e música para o fin de semana en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

festivalmagia-badalonaO Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar acolle mañá sábado, día 20, a actuación do “Trío de Ases”, un espectáculo de maxia tradicional a cargo dos ilusionistas Óscar Tosar, Carlos Cerviño e Manuel Solla. O espectáculo, o primeiro da II Mostra de Maxia Concello de Gondomar, dará comezo ás 22.00 horas. O prezo das entradas é de 3.5 euros, e venderanse desde as 21.00 na taquilla do recinto.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL