Luns, 14 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Maxia, contos e un agasallo literario para 150 nenos de Nigrán.

Maxia, contos e un agasallo literario para 150 nenos de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
Maxia e contos en Nigrán
Un espectáculo de contos e maxia recibirá a 150 escolares de 9 a 14 anos dos colexios de Nigrán o próximo mércores 23 no Centro Cultual O Torreiro de Priegue, ás 11 horas. A actividade forma parte da campaña Bocaberta da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, que dende hai tres anos fomenta o uso do galego e a lectura nesta lingua entre a poboación infantil e xuvenil, a través dun programa de actividades que desenvolve en colaboración con diversas editoriais de Galicia.

 

Os rapaces asistirán ao espectáculo “Contos de Maxia” a cargo do Mago Cali e tamén serán agasallados cun exemplar do libro Contos por palabras de Agustín Fernández Paz, unha obra publicada pola editorial Xerais.  Contos por palabras contén un feixe de historias que parten de anuncios por palabras atopados nos xornais e que son aparentemente normais mais que dan lugar a historias sorprendentes. A obra recibiu entre outros o Premio Lazarillo 1990 (primeiro concedido a una obra escrita nunha lingua diferente do castelán), e foi elixido un dos dez títulos imprescindibles da Lix Española do século XX en 2010.

Dende o seu xurdimento, o Concello de Nigrán participa da campaña Bocaberta, e nesta oportunidade o fai en convenio con a editorial Xerais e a Secretaría de Política Lingüística.