Mércores, 24 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda A Concellería de Igualdade proxecta a película “Antonia” en conmemoración do 25 de novembro.

A Concellería de Igualdade proxecta a película “Antonia” en conmemoración do 25 de novembro.

Correo-e Imprimir PDF
Antonia

A Concellería de Igualdade do Concello de Gondomar, en conmemoración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, proxectará a película “Antonia” de Marleen Gorris, premiada co Oscar á mellor película estranxeira no ano 1996, o día 26 de novembro ás 20.00 horas, na Casa da Cultura. O remate da proxección haberá un coloquio.

A entrada é gratuíta e a película é recomendada para maiores de 13 anos. A película é unha alegoría á vida e a familia a través da visión de catro xeración diferentes de mulleres.