Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda

Papá Noel percorre en moto o Val Miñor con 400 quilos de caramelos.

Correo-e Imprimir PDF

papa-noel-vespa_thumb_lHoxe domingo terá lugar a terceira edición da Ruta Motera de Papa Noeis, na que o ano pasado participaron máis de 180 moteros chegados de diversos puntos de Galicia e Portugal. Os papa noeis motorizados sairá ás 16.00 horas da Praia de Santa Marta, en Baiona, e partirá cara á Nigrán. Baixarán por Panxón e tomarán rumbo a Gondomar. Os papa noeis chegarán á vila entorno ás 17.30 horas. No percorrido distribuirán máis de 400 kilos de caramelos.

Bo teatro feito en casa: A Escola de teatro de Gondomar estrea “A Illa Amarela”.

Correo-e Imprimir PDF

palomapedreroA Escola de teatro do Concello de Gondomar, coordinada desde a OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil), estreará o domingo 19 de decembro, ás 19.00 horas, a súa primeira obra. Trátase de “A Illa Amarela”. A obra, baseada no texto orixinal de Paloma Pedrero, está dirixida por Marta Crespo, a profesora da escola. O elenco está formado por nenos de entre 12 e 18 anos.

Morgadáns, o andar da pedra.

Correo-e Imprimir PDF

A Asociación Cultural San Roque de Morgadáns, coa colaboración do Instituto de Estudos Miñoranos, editou un libro de fotografías antigas ilustradas con textos baixo o título de Morgadáns, o andar da pedra.

A presentación do mesmo será hoxe sábado, 18 de decembro, ás 19.30h no local da Asociación Cultural San Roque, no Torreiro de San Roque en Morgadáns.

Durante dous anos a Asociación Cultural San Roque de Morgadáns recolleu entre os veciños da parroquia preto de 500 fotografías que abranguen dende o remate do século XIX ata mediados do século XX. No seu momento organizaron unha exposición de aproximadamente 40 reproducións, en papel, mentres que a totalidade se proxectaban en formato dixital.

O IGADI convoca para unha Homenaxe a Fernando Pérez-Barreiro Nolla o próximo 7 de xaneiro.

Correo-e Imprimir PDF
Fernando Pérez Barreiro

O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), convoca para o venres 7 de xaneiro de 2011, ás 20:00 horas no Hotel Bahía de Baiona, un acto cívico en memoria de Fernando Pérez-Barreiro Nolla (Ferrol, 1931-Lancaster, 2010), quen fora membro do Consello Asesor do IGADI. Fernando Pérez-Barreiro Nolla foi galardoado polo Consello da Xunta de Galicia coa Medalla Castelao 2009, que premia a obra humana, artística ou cultural.

Alberto Lema na Biblioteca de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

Unha-puta-percorre-europaComo tódolos meses o club de lectura Sete Vidas reúnese para compartir e debater as obras literarias clásicas e novas escritas en lingua galega. O próximo martes 14 de decembro tocará quenda ao escritor nado en Bamiro (1975) Alberto Lema. Ás 20 horas os membros do club compartirán experiencias e comentarios sobre a lectura da novela de Lema "Unha puta percorre Europa". Unha hora despois, o autor dialogará coas persoas presentes. A xuntanza é na Biblioteca de Gondomar no primeiro andar da Casa da Cultura do devandito concello.

Presentación do libro Osorio-Tafall. Un científico e político galego no exilio.

Correo-e Imprimir PDF

tafallcapaMañá martes 14 de decembro ás 20:30h na Aula de Cultura "Ponte de Rosas" (Avda. da Feira 10, baixo, Gondomar) terá lugar a presentación do libro "Osorio-Tafall. Un científico e político galego no exilio" do que é autor o profesor Xosé Francisco Pardo Teijeiro.

Desfile da moda miñorana na Ramallosa

Correo-e Imprimir PDF
azzaro-modaHoxe venres ás 23 horas a moda miñorana dáse cita na Ramallosa cun desfile de modelos (elas e eles tamén miñoráns) no pub Azzaro. Un grupo de empresas da bisbarra presentarás as súas coleccións de calzados, vestidos, roupa e accesorios surf, estética e perruquería, traxes de noivas e o enxoval, e moitas cousas máis. A entrada é gratuíta.

Presentación de Máxico Circus Cabaret en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

880-4850-a-cayetano_lledo“Máxico Circus Cabaret” é un espectáculo de ilusionismo teatral para todos os públicos. Un espectáculo cunha estética moi coidada que inclúe números de maxia musical, comedia, manipulación de cartas, malabarismo de contacto, clown, levitaciones, cambios de vestiario, humor, mentalismo e hipnose. Esa é a proposta que o mago vigués Cayetano Lledó, un dos novos valores do ilusionismo galegos, achegará a Gondomar o vindeiro sábado 11. a actuación, no marco da II Mostra de Maxia do Concello de Gondomar, será ás 22.00 no Auditorio Municipal Lois Tobío. As entradas venderanse unha hora antes en taquilla ao prezo de 3.5 euros.

Los del Barro en A Ramallosa

Correo-e Imprimir PDF
Los_del_barroO pub Azzaro invita ao concerto da banda de pop – rock español Los del Barro. A cita é as 23:30 horas no local de Avenida Portugal na Ramallosa. A entrada é gratuíta.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL