Domingo, 28 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda

Cándido Pazó presenta "Historias e Histerias" no Café - Teatro Clandestino.

Correo-e Imprimir PDF
Candido-PazoO popular narrador, dramaturgo e contacontos, Cándido Pazó presentará mañá venres 11 o seu espectáculo "Historias e Histerias", no Café - Teatro Clandestino, da Ramallosa. A cita é ás 23:30 cunha entrada de 4€. Clandestino atópase na Avenida de Portugal Nº35, por reservas e información comunicarse ao teléfono 986 38 91 61.

Lula Goce presenta a súa instalación A-MAR na Aula de Cultura Ponte de Rosas.

Correo-e Imprimir PDF
Trátase  dunha intervención efémera realizada especialmente para este espazo pola artista Lula Goce.

Mañá venres 11 de febreiro de 2011 ás 20:30h. na Aula de Cultura Ponte de Rosas, (Avda. Campo da Feira, 10, baixo, Gondomar) inaugurarase a exposición da artista visual LULA GOCE "A-MAR. Cartografías do pasado-presente". Trátase dunha intervención efémera realizada especialmente para este espazo pola artista.

O arqueólogo Xosé Lois Vilar amosará a riqueza arqueolóxica e cultural da parroquia de Morgadáns.

Correo-e Imprimir PDF
Imaxe petroglifo Auga da Laxe. Foto: vigoarqueologico.blogspot.com

A Chan das Moutas, A Cama da Moura ou O Outeiro da Cruz do Morto son nomes que indican lugares, espazos que forman parte da identidade da parroquia de Morgadáns. De todos eles e mais das achegas que a arqueoloxía fixo das diferentes culturas que deixaron a súa pegada na zona, será o tema da charla a cargo do experto do Instituto de Estudos Miñoranos  o arqueólogo Xosé Lois Vilar. O coloquio será o próximo sábado 12 de febreiro na Escola de Prado, no barrio de Prado, parroquia de Morgadáns (Gondomar). A xuntanza comezará ás 19 horas e está organizada pola Asociación Cultural de San Roque de Morgadáns.

Mackinstation presenta o espectáculo “Tony Lomba y su atril”

Correo-e Imprimir PDF
tony_lombaMackinstation, a antiga estación do tranvía da Ramallosa presentará o espectáculo do cantante Tony Lomba este venres as 23 horas. Entradas anticipadas a 6 euros.

O teólogo Victorino Pérez Prieto falará do Movemento Cristián Galego esta noite no IEM.

Correo-e Imprimir PDF
Hoxe ás 20:30 horas TERTULIA do IEM có teólogo Victorino Pérez Prieto.

"O Movemento Cristián Galego. Unha Igrexa que existe e resiste" e o título da TERTULIA do IEM que esta noite terá por protagonista ao teólogo Victorino Pérez Prieto. A presentación do faladoiro estará a cargo do crego salesiano Xabier Blanco. A TERTULIA comeza ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira 10, baixo, Gondomar).

Presentación do disco Paxariños da Rúa de Aréma na libraría Libraida.

Correo-e Imprimir PDF

 

A libraría Libraida invita a presentación do disco Paxariños da Rúa, un traballo musical de Aréma para todo público. O concerto celébrase o venres 4 de febreiro ás 18:30 en Libraida na rúa Rosalía de Castro nº13, Gondomar.

Espazo Lectura: O éxito francés “A elegancia do ourizo” centra a sesión do Sete Vidas

Correo-e Imprimir PDF

a-elegancia-do-ourizoO martes 2 de febreiro celebrarase a sesiónmensual do club Sete Vidas centrada na lectura do éxito literario da escritora francesa Muriel Barbery A elegancia do ourizo (Galaxia, 2008). A cita será, coma sempre, a partir das 20.00 horas na Biblioteca Municipal de Gondomar.

O club de lectura Lendo Contigo viaxa a Londres da man do escritor Xelís de Toro

Correo-e Imprimir PDF

rincon-infantil-gondomarO sábado 29 de XANEIRO terá lugar a sesión mensual do Club de Lectura Compartida Lendo Contigo, dedicado a nenos e nenas de 8 a 12 anos, e seus pais e nais, e organizado por Espazo Lectura. Nesta ocasión, o libro que centrará a sesión é A máquina contacontos (editorial Rodeira), do escritor galego establecido en Londres Xelís de Toro.

A Asociación Veciñal Dunas organiza unha excursión a ExpoOurense o próximo 6 de febreiro.

Correo-e Imprimir PDF

g_01_casa_concelloAchegamos información recibida da Asociación Veciñal Dunas e mais o Concello de Nigrán sobre a excursión a ExpoOurense o próximo 6 de febreiro.

SAIDA: 08:45 horas dende a explanada ou praza da Casa do Concello, en NIGRAN.

CHEGADA: Sobre as 20:00 horas ó mesmo punto de partida.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL