Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda

O Coro Tradicional Cantares do Brión preséntase oficialmente en Vincios.

Correo-e Imprimir PDF

cartel_definitivo_cantares_brion_webO sábado 22 de xaneiro a partir das 20 horas terá lugar no Centro Cultural de Vincios, no Concello de Gondomar, o acto de presentación do Coro Tradicional Cantares do Brión, con apadriñamento a cargo do histórico Coro Cántigas da Terra. Dous anos despois da súa constitución, e logo de actuar en distintos eventos, como o Festival Folc Sons da Lameira, en Matamá, ou na Homenaxe ao Gaiteiro, recentemente celebrada no teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia, en Vigo, Cantares do Brión, unha formación de 60 membros, preséntase oficialmente no lugar onde naceu e onde ten a súa sede social: na parroquia miñorana de Vincios, en Gondomar, no seu Centro Cultural.

Xosé González Martínez protagoniza unha nova TERTULIA do IEM.

Correo-e Imprimir PDF

xose_gonzalez_martinezO escritor Xosé González Martínez será o protagonista dunha nova TERTULIA organizada polo Instituto de Estudios Miñoranos. O presidente da Fundación Premios da crítica de Galicia será presentado polo técnico editorial e membro do IEM Xosé M García Crego, hoxe venres ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira nº 10, baixo, Gondomar). Ao remate do faladoiro se realizará unha cea co González Martínez no Pazo da Escola de Mañufe. Os interesados deber facer a reserva no teléfono 680 644 490.

Presentación oficial do Coro Tradicional Cantares do Brión.

Correo-e Imprimir PDF

cartel_definitivo_cantares_brion_webO sábado 22 de xaneiro a partir das 20 horas terá lugar no Centro Cultural de Vincios, no Concello de Gondomar, o acto de presentación do Coro Tradicional Cantares do Brión, con apadriñamento a cargo do histórico Coro Cántigas da Terra. Dous anos despois da súa constitución, e logo de actuar en distintos eventos, como o Festival Folc Sons da Lameira, en Matamá, ou na Homenaxe ao Gaiteiro, recentemente celebrada no teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia, en Vigo, Cantares do Brión, unha formación de 60 membros, preséntase oficialmente no lugar onde naceu e onde ten a súa sede social: na parroquia miñorana de Vincios, en Gondomar, no seu Centro Cultural.

Fun Home de Alison Bechdel este martes en Lecturas Debuxadas na Biblioteca de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

fun_homeportadaA asociación Espazo Lectura celebra este martes 18 a sesión de xaneiro do club de lectura de cómics Lecturas Debuxadas. Nesta ocasión, a lectura sobre que vai xirar a actividade é Fun Home, una familia tragicómica, cómic autobiográfico da autora americana Alison Bechdel.

A TERTULIA do IEM con Xosé González Martínez cambia para o venres 21 de xaneiro.

Correo-e Imprimir PDF
Xose González Martínez

O Instituto de Estudos Miñoranos informa que a TERTULIA que estaba programada para o 14 de xaneiro de 2011 con Xosé González Martínez, Presidente da Fundación "Premios da crítica de Galicia" cambia para o venres 21 de xaneiro ás 20:30h. na Aula de Cultura Ponte de Rosas en Gondomar (Avda. da Feira Nº10, baixo).

 

O escritor Cid Cabido falará da súa última novela no club de lectura Sete Vidas de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

unhahistoriacidcabidoO martes 11 de xaneiro, celébrase unha nova xuntanza do club de lectura Sete Vidas organizado pola asociación Espazo Lectura. Nesta ocasión, a novela escollida é Unha historia que non vou contar do autor Cid Cabido. Será na Biblioteca de Gondomar a partir das 20.00 horas. A partir das 21.00h o propio autor, Cid Cabido, achegarase para compartir as impresións dos lectores e lectoras sobre o libro.

. Máis de cen rapaces participarán na “Tercera Edición del Torneo Escolar de Tenis” de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

pelota_tenisMáis de cen nenos participarán na “Tercera Edición del Torneo Escolar de Tenis” de Gondomar que terá lugar mañá domingo a partir das 9 horas nas instalacións do IES Auga da Laxe (Gondomar) e no Pavillón de Deportes Municipal. As categorías incluídas no torneo son “prebenjamín”, “benjamín”,” alevín” e” infantil”.

A Comunidade de Montes de Peitieiros presenta o seu libro de fotos antigas: MEMORIA DE PEITIEROS.

Correo-e Imprimir PDF
Imaxe do libro

A Comunidade de Montes en Man Común de Peitieiros ven de editar un volume de fotografías antigas da parroquia acompañadas de textos, titulado MEMORIA DE PEITIEIROS. O vindeiro sábado día 8 de xaneiro, ás 19h terá lugar a súa presentación no local do Centro Cultural Recreativo, no adro de Peitieiros.

Gondomar: Cabalgata e recepción das cartas no Pavillón polos Reis Magos.

Correo-e Imprimir PDF

reis-magos-gondomarO mércores 5 celebrarase a Cabalgata de Reis nas rúas Eduardo Iglesias e Elduayen. A festa dará comezo a partires das 17.00 horas coa actuación da Rondalla da Asociación Cultural A Merced de Chaín.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL