Domingo, 10 Nov. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion

Opinion

A Palma, o emprazamento da Vila Vella

Correo-e Imprimir PDF

anxoCorría o ano de 1664 e España e Portugal enfrontábanse na coñecida como Guerra de Restauración portuguesa (1640-1668). Monterreal era un dos puntos clave na defensa da costa sur de Galicia, de aí que os baioneses sufrisen en primeira persoa as consecuencias da situación bélica. D. Juan Feijoo de Sotomayor, mestre de campo da forza de Monterreal, deu orde na vila de derrubar máis de 400 casas alegando ser necesario para "dejar francos los aproches de la fortaleza en la parte de la Palma hasta el monasterio de Monjas Dominicas".

Aí ven a rogativa dos de Belesar!

Correo-e Imprimir PDF

procesion belesarÉ curioso que Belesar, o balcón do Val Miñor, sexa unha das únicas parroquias de Baiona que carece de cruceiros nas encrucilladas e conte con moi poucas cruces, cando casualmente é considerada a Terra das Bruxas. Veredes porque non lle facían falta...

Gondomar: un concello de merda...de can.

Correo-e Imprimir PDF

A pesar de sinales explícitas a xente en Gondomar segue metendo os cans no parque, donde hai moitos nenos xogando.

O Verbo dos Arxinas en Baiona: xerga gremial a desaparecer

Correo-e Imprimir PDF

Anxo Rodríguez LemosDebaixo do monumento da Virxe da Roca, no monte de San Roque ou Sansón, estaba unha das moitas canteiras coas que contou o concello de Baiona. Alí na Fonte Cristalina traballaron arreo moitos veciños que co seu suor, arriaron daqueles outeiros milleiros de carros de pedra empregada para facer casas, canizos (hórreos), cubertos, cortes, capelas, igrexas ou cruceiros.

As pedras parecían falar tras ser esculpidas a xeito de escudos, imaxes ou cruceiros, emprazados estes últimos nas encrucilladas da nosa comarca, tendo como finalidade a de escorrentar deste mundo dos vivos as almas dos defuntos que vagaban polos camiños ata tres anos despois da morte, segundo a tradición. Se as pedras falaban, os canteiros tamén o tiñan que facer, pero nun idioma descoñecido para o resto dos non agremiados.

Os canteiros ou arginas (como eles se chamaban na súa fala coñecida como O Verbo dos Arginas) conversaban cun vocabulario que ninguén máis ca eles e os achegados coñecían. O vocabulario desta fala está formado por palabras relativas ao traballo, ás relacións afectivas ou á vida cotiá. Había outros sistemas de comunicarse como era dar golpes co pico na pedra dun xeito concreto, ou pronunciar a palabra auga cunha entoación especial, que significaba perigo ou alerta.

As avespas asasinas

Correo-e Imprimir PDF

debuxo-avespa-asasinaApareceron non hai moito tempo no Val do Miñor e provocaron unha lóxica inquedanza entre a veciñanza polos datos que “os medios” difundiron profusamente. E non era para menos. A picadura era, amais de perigosa, moi dolorosa, e devoraba as abellas acabando cos xa poucos enxames facendo perigar as recolleitas do mel e a polinización das froitas.

Que facer se aparecen e se asentan no teu eido?. O mais lóxico é informar ao Concello e seguir as súas indicacións, pero.....vou contar un caso real.

Ruido en Baiona - Cartas ao director

Correo-e Imprimir PDF

El miércoles 13 de agosto, eran las 3 de la mañana y la música techno retumbaba en los edificios de la Palma con unos decibelios dignos de unas cuantas multas, pero, como los 3 o 4 amigotes que vendian las copas son los hijos de los poderosos de este pueblo (Villa Rosa entre otros) hay que callar y aguantar, con fondos públicos un evento para que unos pocos hagan dinero!!!! que pasaría si organizaramos cine alternativo en la playa de los Frailes toda una noche??????

Liliana Vazquez Lorenzetti

Cartas ao director | As prioridades do goberno de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

Di o refraneiro popular que cae antes un mentirán que un coxo….Isto tamén vale para a política e quedou claro no pleno do día 3 de xullo en Gondomar. O goberno municipal en minoría, mal asumida e peor disimulada, levaba tempo insistindo na necesidade de ter aprobados os orzamentos do 2014, segundo o Alcalde, vitais para lle pagar aos provedores, rematar as obras do Auditorio Municipal, ou repartir as subvencións ás entidades culturais, sociais, deportivas, ANPAS, etc. Uns orzamentos que, no mellor dos casos terían unha vixencia de catro meses….. e para iso temos unha concelleira do ramo con dedicación exclusiva, xustamente para ter as contas do Concello ao día.

Un axuste fiscal que volve beneficiar a quen máis ten

Correo-e Imprimir PDF

XabierPIO axuste fiscal que vén de presentar o Goberno español (polo seu alcance non se lle pode chamar reforma), insiste en seguir a beneficiar as rendas altas, as grandes fortunas e o Capital empresarial e financeiro. Así, malia recoller unha rebaixa apenas simbólica no IRPF para os tramos baixos, nos que se concentra a maioría da poboación, o desconto é cuantitativamente moito máis zumento para quen máis ten. Pagaremos algo menos, mais os que máis cobran pagarán inda menos. Non por acaso os técnicos do Ministerio de Facenda sinalan, por boca do seu sindicato corporativo, que as persoas máis beneficiadas serán aquelas con ingresos por riba dos 150.000€ ao ano, que pasan de tributar o 52% a só o 45%. Pola contra Montoro mesmo pretende cobrar(nos) impostos tamén das indemnizacións por despedimento. A fiscalidade do funil. 

Este verán

Correo-e Imprimir PDF

esteveranDespois dunha longa e dura invernía chea de galernas –agora chamadas ciclogenesis- que coma é habitual apoiaron o mar, que esta cabreado polas invasións dos seus terreos que fai o descontrolado urbanismo, para rebentar o muro do chamado Paseo Marítimo de Panxón, os meteorólogos adiantan que o verán  esta a chegar nestes vindeiros días. Así é que logo veremos ó grupo de veciños se xuntan nun recuncho do tal Paseo que esta perto da saída que vai ó camiño do Regueiro para tomar o sol e mirar como se pon por detrás do castro que coroa e protexe do nordés o porto pesqueiro. Nese recuncho vano axeitando con cadeiras, mais ou menos vellas, un taboleiro entre dous poios de ladrillos que fai de banco e ata unha sombrilla, todo iso na beirarrúa e seguro que sen pagar o imposto que o Concello cobra a os bares pola ocupación do terreo do Concello  Se cadra botan unha partida de tute ou unha brisca e falan, falan de abondo de todo, non queda nada sen repaso.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL