Mércores, 9 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Cartas Gondomar: un concello de merda...de can.

Gondomar: un concello de merda...de can.

Correo-e Imprimir PDF

A pesar de sinales explícitas a xente en Gondomar segue metendo os cans no parque, donde hai moitos nenos xogando.

O problema non é meter os cans, o verdadeiro problema é que cagan e só un pequeno porcentaxe dos seus donos recollen a merda, sendo moi comúns as pisadas por parte de nós, os páis, e dos propios nenos que incluso xogando no chan se atopan con dita merda.

Vexo que o concello de Gondomar pasa de todo, xa que estando ó carón de dito parque non lle custaba moito enviar ós policias de vez en cando a dar unha volta e por as correspondentes multas, algo que xa fan en outras localidades do mapa nacional.

Dende este medio denuncio a deixadez que o Concello de Gondomar ten cara este tema do que parece que non lles quitan votos xa que tampouco os parques para nenos están moi coidados...será que os nenos ainda non poden votar?

¡Canta merda!

Manuel Lemos Muradás