Sábado, 5 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion

Opinion

Un 20% menos de tren en Galiza

Correo-e Imprimir PDF

XabierPI

Calquera que teña usado o tren coñece de primeira man as deficiencias do servizo ferroviario no noso país. Uns trazados que non responden a un deseño en rede que vertebre o conxunto do territorio, escasas frecuencias nalgúns percorridos e faixas horarias, cativa cobertura do servizo para as pequenas estacións e como corolario unhas tarifas desorbitadas en relación ao servizo. O certo é que se segue a tardar máis en ir de Vigo á Coruña en tren, que de Madrid a Valencia e case tanto como desde a capital do Estado cara a Barcelona ou Sevilla. A modernización dos camiños de ferro en Galiza ten sido unha reivindicación histórica, da que de sempre fixo bandeira o nacionalismo galego, pero nunca satisfeita por ningún goberno central. Gobernase o PSOE ou o PP.

A Asociación Galega de Dislexia (AGADIX) agradece a participación do público no coloquio ofrecido en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

 

dislexia-1A Asociación Galega de Dislexia (AGADIX) organizou unha charla sobre dislexia que tivo lugar o pasado día 10 no Centro Neural de Gondomar, coa colaboración do concello de Gondomar e a intervención da neuropsicóloga Mónica Villar Guisado e a logopeda Mª del Carmen de Dios.

ILP: o pobo non é quen máis lexisla

Correo-e Imprimir PDF

 

XabierPIA actual democracia formal apenas permite a participación directa da cidadanía para alén dos procesos electorais. O modelo representativo reserva para as institucións parlamentarias toda a capacidade de decisión, que pode ser ser exercida mesmo para gobernar en contra do pobo e vulnerando o programa electoral co que se concorreu aos comicios. Exemplos hai abondosos e lamentabelmente moi recentes, case cotiás. Asemade as maiorías absolutas permiten a un só partido perverter aínda máis a formalidade democrática, pasando a rodela por sistema sen incorporar ningunha opinión, proposta ou achega distinta das propias. Cando os partidos maioritarios, como sucede no Estado, son apenas instrumentos políticos ao servizo dunha minoría poderosa --a oligarquía empresarial e financeira, a burguesía-- a democracia convértese apenas nunha entelequia, nun ritual oco.

Barreras: expatriación do estaleiro espoliado

Correo-e Imprimir PDF

XabierPI

O brutal esmorecemento industrial do noso país, que ameza con facer crónico o carácter dependente e máis o rol consumidor da economía galega, vén de vivir un dos seus episodios máis graves. A compañía petroleira para-estatal mexicana PEMEX farase co control do estaleiro vigués Barreras. Engádese ás ameazas que penden sobre Pescanova, Alimentos Lácteos ou Navantia. Súmase á perda de control da compañía R ou á dificil situación das empresas do contact center radicadas en Galiza, por non falar dos numerosos peches empresariais no sector metalúrxico e da automoción.

Morrer no traballo, un risco real en Galiza

Correo-e Imprimir PDF

XabierPI

23.668. Esa foi a cifra de accidentes laborais que se produciron só o pasado ano 2012 en Galiza. Si leron ben, case 25.000 accidentes, máis de 64 por día. O noso país situouse á cabeza do Estado no número de accidentes graves cunha taxa que supera en máis do dobre a media estatal. A esa dramática marca engádese unha aínda peor. Somos o segundo territorio, apenas por detrás de La Rioja, en número de accidentes laborais que rematan en morte da traballadora ou traballador. En 2012 foron 45 as persoas que perderon a vida no seu traballo --case unha por semana-- e outras 486 correron o risco de a perder, ao seren vítimas de accidentes graves. Unhas estatísticas terríbeis só superadas pola mortalidade en accidentes de tráfico, que se cobrou a vida de 127 persoas o pasado ano, e moi superior ás 4 mulleres vítimas do terrorismo machista no mesmo período.

O Senado da rúa Tabernas

Correo-e Imprimir PDF

XabierPI

A Academia non ergue cabeza. Logo da escandaleira que remataría por provocar a renuncia de Méndez Ferrín, mais que non serviu para clarexar e dar respostas a dúbidas ben graves a respecto da súa xestión, o principal alicerce institucional da nosa fala atravesa días penosos. A trama palaciana invade a rúa das Tabernas. A elección da (algúns non perdemos a esperanza) ou do sucesor de Ferrín acabou por converter a RAG nunha caste de senado romano, onde há lugar para a elucubración, a conspiración e mesmo a traizóns en forma de apoios que van e veñen.

Non son partidario de ningunha das dúas candidaturas. Nin a continuísta de Manuel González, nin a súa alternancia (que non necesariamente alternativa) encabezada por un Alonso Montero, que coido ninguén imaxinara até agora como eventual Presidente da RAG. Por algo sería.

Máis que propostas diferentes para o necesario relanzamento e osixenación da Academia, ficamos perante máis unha expresión dun conflito entre sectores da aristocracia intelectual que se arroga a dirección do destino da vida cultural do noso país. Porén, afortunadamente a nosa cultura latexa na base. Nas rúas, nos recunchos do noso país, nos grandes e pequenos auditorios, nos obradoiros, nos circuítos amateur, nos locais de ensaio, nas pequenas mostras e certames. Nos furanchos. Non nos despachos. A cultura de futuro arrecende a arxila fresca, a verbas novas, a lenzo a medio pintar. Non a naftalina, nin a egos incólumes, nin a biografías grandilocuentes. Sabe a creación, non a disputa. E menos a disputa de poder.

E no medio desta batalla de salón, fica un idioma que segue a ser golpeado con saña por quen detesta o noso feito diferencial, o noso ser colectivo, a nosa identidade nacional. Os que se afanan en acadar a dirección do instrumento, non deberan esquecer a súa misión. Se cadra cómpre unha outra alternativa que conciba as persoas, e as equipas, como medios ao servizo dunha causa, e non ao contrario. Ogallá --por xustiza-- teña nome de muller.

Xabier P. Igrexas
www.contradiscurso.net | @contradiscurso

Campo de futbol base "As cercas"

Correo-e Imprimir PDF

 

Buenos dias, Sr.director, quiero aprovechar este medio para alarmar en voz y voces de tantos padres que se semana tras semana llevamos a nuestros hijos a realizar entrenamientos a este campo, y encontrarnos con que cada vez estas instalaciones carecen de la suficiente iluminación que merecen y por supuesto tendrian que tener.

O plan de (des)emprego xuvenil de Rajoy

Correo-e Imprimir PDF

XabierPICando o paro no Estado español e en Galiza atinxen o seu record histórico o goberno Rajoy saca da manga unha “Estratexia de emprendemento e emprego xuvenil 2013-2016”. Máis un deses plans estéticos cos que se pretende xerar a sensación de que se toman medidas para resolver problemas.

As cen medidas recollidas no plan, que aseguran contará cun orzamento de 3.500 millóns de euros financiado en parte polo Fondo Social Europeo, concéntranse en apenas dúas grandes liñas de actuación.

Os recortes matan

Correo-e Imprimir PDF

XabierPIO colapso das urxencias do Hospital Xeral de Vigo non é unha situación nova. É vox populi en toda a cidade. As historias de doentes que teñen que padecer esperas maratonianas de máis de 7 e 8 horas son moi frecuentes, como o son as dos pacientes aparcados nos corredores do hospital. Tamén os sustos que ten provocado esa situación, por exemplo en forma de desmaios. Onte unha paciente de 80 anos morría na sala de espera despois de tres horas de agarda. E todo malia as derivacións de pacientes a outros centros de saúde, mesmo algún privado.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL