Eiriña S.L. conseguiu contratos de obra en Nigrán por valor de 666.000€ durante os anos 2012 e 2013 a través da Deputación de Pontevedra e a Autoridade Portuaria.
O alcalde de Nigrán Nigrán manifestaba onte só ter constancia dun contrato con Eiriña para a realización dunha rotonda no municipio.
Entre as obras executadas por Eiriña S.L. en Nigrán atópase a de "Abastecemento e saneamento municipal en 2013 por valor 127.485,50 euros.
O xulgado de instrución número 7 de Vigo está a investigar, no marco da Operación Patos, supostas irregularidades na concesión de contratos públicos de distintas administracións públicas a un total de, polo momento, cinco empresas. Delas, o catro radicadas en Vigo teñen o mesmo administrador, Enrique Alonso Pais, ben con carácter único ou solidario.
Enrique Alonso Pais, pai da concelleira do PP de Vigo Alexia Alonso, dirixe as compañías Inversioness Patos S.L., Enalvi Intermediación y Desarrollo de Negocios S.L., Eiriña S.L. y Reciclaje y Gestión Medioambiental S.L. Estas tres últimas comparten sede social no polígono vigués de Navia e, segundo datos do Rexistro Mercantil, Enalvi erixiuse en socio único de Eiriña en marzo de 2013.
Eiriña S.L., tal e como figura na súa páxina web, fundouse en Pontevedra en 1973 enfocada cara á obra pública e posteriormente abarcou tamén a privada. O seu capital social, tras unha ampliación en decembro do pasado ano, é de 150.000 euros. Enrique A.P., ademais de ser o seu administrador único, tamén aparece como director xeneral.
Actualmente, recibe adxudicacións de diversas administracións públicas de Galicia nos ámbitos municipal, provincial e autonómico. De feito, boa parte dos rexistros policiais realizados na provincia pontevedresa durante a xornada deste martes estaban relacionados con encargos realizados a esta empresa de construción.
Os contratos de Eiriña S.L. en Nigrán
O alcalde de Nigrán manifestaba onte á CADENA SER a seu descoñecemento sobre os motivos da detención do concelleiro de Vías e Obras, José Álvarez. O rexedor expuña que o único acordo do Concello coa empresa CESPA (unha das empresas investigadas), remítese ao contrato asinado en 2005 e vixente por 16 anos, onde o seu equipo de goberno non tivo intervención. Con respecto á outra empresa investigada, Eiriña S.L., Valverde sinalaba que o único contrato do que ten información no Concello trátase dunha obra emprendida por esta empresa nunha rotonda do municipio, pero baixo encargo da Deputación de Pontevedra.
Pese a que o concello non lembra máis obras que a dunha rotonda, VM.info tivo coñecemento onte a través de Galicia Confidencial, que Eiriña S.L. executou obras por valor de 667.000 euros entre os anos 2012 e 2013, durante o mandato do goberno de Alberto Valverde, unha delas de abastecemento
As obras non foron contratadas directamente a través do concello se non da Diputación de Pontevedra e a Autoridades Portuaria de Vigo, tamén investigados na #operacionPatos
Deste xeito Eiriña S.L. conseguiría a adxudicación dun contrato da Deputación de Pontevedra con data 20 de setembro de 2013 a obra de "Abastecemento e saneamento municipal en Nigrán" por valor 127.485,50 euros.
Coa Autoridade Portuaria "Obras de urbanización y acondicionamiento del entorno del edificio situado en la parcela P-20.1 del Parque Empresarial de Porto do Molle, en Nigrán (Pontevedra)" adxudicada o día 31 de outubro de 2012 por un importe total ofertado de 538.916,39 EUR.
Segundo a información feita pública hoxe por Faro de Vigo, a xuiz solicitou onte a Zona Franca os contratos relacionados con Porto do Molle e o Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valadares.
--
Coa colaboración de Galicia Confidencial