Venres, 6 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán EU denucia falta transparencia en materia contratación pública en Nigrán

EU denucia falta transparencia en materia contratación pública en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
Jose Cuevas, lider de EU Nigrán

A formación de esquerdas presentará unha proposta de moción para o fomento da transparencia na contratación no Concello de Nigrán.

Esquerda Unida denuncia a opacidade que existe en materia de contratación no Concello, así como o incumprimento da lei de contratos do sector público en materia de publicidade.

 

Ante as noticias destes últimos días sobre presuntas irregularidades en certos contratos do concello de Nigrán, así como as aparecidas no primeiro semestre do ano 2013, Esquerda Unida presentará unha moción para solicitar o cumprimento da transparencia na contratación no Concello de Nigrán.

Esquerda Unida denuncia a opacidade que existe en materia de contratación no Concello de Nigrán, chegándose a incumprir a lei de contratos do sector público en materia de publicidade.

Sinala que actualmente na sección do perfil do contratante na web do Concello de Nigrán só están publicitados os expedientes de licitación das obras da Rúa San Roque, a contratación do servizo de axuda a domicilio, o servizo de conservación e reposición de zonas verdes, a cafetería do centro da terceira idade e diversos kioskos. E que na sección das adxudicación definitivas só aparecen a adxudicación obras da Rúa San Roque, a contratación do servizo de axuda a domicilio, o servizo de conservación e reposición de zonas verdes e a xestión dos expedientes por infraccións de tráfico.

Segundo apunta Cuevas "Compre destacar que a lei de contratos di que a formalización dos contratos cuxa contía sexa igual ou superior a 18.000 euros ou 50.000 no caso dos contratos de obras, publicarase no perfil de contratante do órgano de contratación. Neste caso Esquerda Unida ten noticias da celebración de contratos que superan ese valor, como pode ser o da adxudicación da elaboración do padrón de contribuíntes da taxa do lixo, por 63.189 euros, dos cales non figura ningún dato no perfil do contratante do concello."

Para José Cuevas, a transparencia na realización de contratos, é o mellor antídoto contra a corrupción, polo que na súa moción Esquerda Unida non so pedirá que se publiquen todos os contratos aos que o concello está obrigado legalmente, senón todos os contratos, con indicación do obxeto, duración, o importe de licitación e de adxudicación, o procedemento utilizado para a sua celebración, os instrumentos a través dos que, no seu caso, foi publicitado, o número de licitadores participantes no procedemento e a identidade do adxudicatario, así como as modificacions do contrato, así como desistimento e renuncia dos contratos.

Tamén pedirá que se anuncien as licitacións de todos os contratos que non estean considerados como menores.