Mércores, 4 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Varias obras públicas de Nigrán están paralizadas por mor da investiación de corrupción da #Operacionpatos

Varias obras públicas de Nigrán están paralizadas por mor da investiación de corrupción da #Operacionpatos

Correo-e Imprimir PDF
pasarela-autoestrada

A remodelación da Praza da Carrasca, un paso peonil en San Pedro á altura da autoestrada, e o acondicionamento da Rúa Porto do Molle, son algunhas das obras que están paralizadas por mor das investigacións da “Operación Patos”.

Así o recoñeceu o propio alcalde no último pleno municipal, logo dunha pregunta do portavoz dos socialistas de Nigrán, Juan González.

O PSOE denuncia que a “implicación” dos membros do goberno de Nigrán na investigación sobre supostos casos de corrupción na denominada “Operación Patos” paralizou obras  de gran importancia para o municipio, por mor das irregularidades nos contratos.

 

Obras paralizadas.

A Praza da Carrasca, case rematada, estará agora sen rematar pola implicación de membros do goberno de Alberto Valverde en esta operación contra a corrupción municipal”, sinala o portavoz Juan González (PSOE).

O PSOE agrega que pola mesma causa non se iniciou unha obra “moi importante” como é o “Acondicionamento da rúa Porto do Molle”. Estrada de unión entre o Polígono Terciario de Porto do Molle e a parroquia de Parada cuxo expediente de contratación foi aprobado polo Alcalde de Nigrán, “sen ter en conta as advertencias da Intervención Municipal, por un procedemento sen publicidade por un total de 123.649,43€”, sinala González.

Outra obra demorada sería  a construción e instalación dunha pasarela peatonal por debaixo da Autoestrada AG-57 na Parroquia de San Pedro da Ramallosa que daría continuidade ao paseo da senda polo Río Muíños tamén se atopa paralizada.

Todas elas “deberían estar rematadas, en marcha ou a punto de comezar” afirma González. Segundo os socialistas  agora terán, como mínimo, un parón de seis meses debido a que están investigadas pola Xustiza por posibles irregularidades, “moitas de elas advertidas polos técnicos municipais, ás que o Alcalde de Nigrán non so non escoitou senón que salvou de xeito continuado os reparos dos técnicos municipais”.

Dende o Partido Socialista piden au goberno de Nigrán que asuma responsabilidades, “xa non so pola imaxe de corrupción e desgoberno que se da de Nigrán, senón pola paralización por estas obras e os custes que isto pode conlevar que, como sempre, acabarán pagando os veciños e veciñas de Nigrán”.