Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Os implicados na Operación Patos comezarán a declarar despois do verán

Os implicados na Operación Patos comezarán a declarar despois do verán

Correo-e Imprimir PDF
xulgado-vigo

A investigación da Operación Patos mantense baixo segredo de sumario e a xustiza continúa analizando toda a documentación posta a súa disposición co xeito de preparar a fase de toma de declaracións. Feito que terá lugar despois das vacacións de verán segundo adianta este xoves a Axencia Europa Press.

As pescudas, sobre a suposta comisión dos delitos de prevaricación, tráfico de influencias e cofeito na adxudicación de contratos públicos, na que entre outros atópase implicado o ex concelleiro de Vías e Obras de Nigrán, José Álvarez Valverde continúa co xeito abordar coa maior información as declaracións de imputados e testemuñas.

Será convocado a declarar o ex edil popular  de vías e obras de Nigrán, José Álvarez Valverde

Na operación foron detidas en o pasado mes de febreiro cinco persoas, que logo quedaron libres aínda que imputados. Catro deles vinculados ás empresas Eiriña e Cespa;  e máis o ex edil popular de Nigrán José Álvarez Valverde quen manifestou publicamente a súa intención de demostrar a súa inocencia “por todos os medios”  prestando “total colaboración coa xustiza”.

Na documentación incautada pola Policía Xudicial e agora a disposición da xustiza atópanse adxudicacións de obras dos concellos de Vigo, Ponteareas, Nigrán, Santiago, Pontevedra e Ourense.  Rexistros que tamén afectaron ás sedes institucionais da delegación da Xunta en Vigo, do Consorcio do Casco Vello, a Autoridade Portuaria viguesa, a Deputación de Pontevedra, e das oficinas das empresas adxudicatacias de contratos públicos implicadas.