Xoves, 18 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O alcalde de Nigrán cesa ao concelleiro de Vías e Obras imputado na #operaciónPatos

O alcalde de Nigrán cesa ao concelleiro de Vías e Obras imputado na #operaciónPatos

Correo-e Imprimir PDF
Jose Alvarez Valverde concelleiro vias e oras de Nigran

-Alberto Valverde (PP), alcalde de Nigrán, remitiu este luns ás 11 horas un escrito aos medios no que comunica a súa decisión de "prescindir do concelleiro de Vías e Obras", José Álvarez Valverde, imputado na operación Patos.

-O comunicado feito público polo rexedor popular chega horas despois de que a prensa de hoxe fixese pública a inminente dimisión do edil José Álvarez citando a fontes de tanto do entorno do PPdeG como do concelleiro imputado na operación Patos.
Valverde sinala que trala celebración de varias reunións durante os últimos tres días, "e analizada tanto a situación pola que está atravesando o concelleiro, así como o seu estado anímico, o rexedor municipal fai pública mediante o presente comunicado a súa decisión de prescindir do concelleiro como membro do equipo de goberno. Neste sentido, o rexedor municipal aclara "que é unha decisión tomada única e exclusivamente en Nigrán, que se valorou e decidiuse aquí".


O alcalde de Nigrán manifestou o seu respecto ao proceso xudicial en curso, e adianta que "solicita á Xustiza celeridade nas súas actuacións para poder esclarecer canto antes as investigacións iniciadas, para que tanto o bo nome deste concello como o de todas as persoas que traballan nel, véxase preservado".
Valverde anuncia que será el mesmo o que asuma as competencias da concellaría de Vías e Obras, e "garante aos veciños de Nigrán que o goberno local seguirá traballando para o municipio".