Martes, 3 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O empresario do caso 5Jotas sinala que José Álvarez foi “cabeza de turco” na #operacionPatos e pon en suspenso a implicación do alcalde.

O empresario do caso 5Jotas sinala que José Álvarez foi “cabeza de turco” na #operacionPatos e pon en suspenso a implicación do alcalde.

Correo-e Imprimir PDF
O empresario Juan Manuel Costas durante a entrevista en VIA TV . Foto VIA TV

O empresario Juan Manuel Costas, principal imputado da operación “5 Jotas” e involucrado na operación “Patos”, asegura que o ex edil de Vías e Obras, José Álvarez foi o “cabeza de turco” escollido pola trama, pese a estar implicado na adxudicación irregular de obras e o cobro de “comisiones” en Nigrán.

Juan Manuel Costas pon en supenso a implicación do alcalde de Nigrán na trama: "Habría que preguntárselo a él…"

Segundo o empresario a trama de corrupción salpica tanto a PP como a PSOE en distintas administracións locais, Deputación e Xunta de Galicia.

Nunha entrevista no programa Via Debate, Costas afirmou estar disposto a “tirar de la manta” e contar con probas e documentación que implican a bancos, políticos, empresarios e técnicos nesta trama de corrupción que abranguen entre outras administracións públicas, ao Concello de Nigrán.

A empresa 5 Jotas e o branqueo de fondos para subornos a políticos.

O empresario admitiu que súa empresa 5 Jotas entregaba facturas falsas a terceiros para branquear fondos destinados a pagar subornos a políticos e dar "liquidez" para financiar as obras. Transaccións ilegais que permitían a grandes empresas conseguir adxudicacións de obras públicas, e que beneficiaban a 5 Jotas, coa participación nun 5% dos traballos contratados, segundo manifestou na entrevista.

Salientou que as empresas que contactaban a 5 Jotas pedían “billetes grandes” que logo repartían en sobres entre os involucrados nas diversas operacións. Interrogado sobre quen recibían eses sobres, Costas sinalou a políticos de “todos los ayuntamientos” rexistrados a semana pasada por orden xudicial.

Para Costas ao ex-edil de Nigrán José Álvarez o colleron como “cabeza de turco” da trama en Nigrán.

No caso de Nigrán, Costas afirmou que o ex edil de Vías e Obras foi detido por as devanditas adxudicacións de obras e o cobro de comisións. Novamente consultado sobre si era o máis implicado neste capítulo municipal da trama, negouno rotundamente: “Cogen siempre a un cabeza de turco”.

Sen embargo, Costas deu rodeos e non confirmou nin desmentiu a posible implicación o coñecemento dos amaños por parte do alcalde Alberto Valverde . Interrogado directamente pola xornalista Silvia Rueda se tiña coñecemento que o alcalde “se aprovechaba de esa trama”, Costas respondeu: “Hombre! Siempre cuando llega la empanada, yo creo que se aprovechaban un poco todos ¿no?”

SR- Vamos a ser directos. ¿El alcalde también?

JMC - Habría que preguntárselo a él…

Probas e empresas implicadas segundo Costas no capítulo Nigrán da Operación Patos.

SR - ¿Tienes pruebas para demostrar que todo eso es cierto?

JMC- Eso está todo con empresas que si no son nuestras son auxiliares

SR - ¿Qué empresas?

JMC -  Las que están mencionadas…

SR - ¿Eiriña?

JMC -

SR - ¿CESPA, Movexvial?

JMC -

SR - ¿Quién más?

JMC - Empresas grandes que tienen aquí subcontratas que les dan ese poder económico para hacer ese tipo de trabajo.

Consultado sobre a posible destrución desas probas, Juan Manuel Costas afirmou que era case imposible porque xa constan nos xulgados.

Cos avances das investigacións medrará o número de políticos e empresarios implicados

A total das estafas ao erario público que mediante estes amaños se desenvolveron desde o ano 2005 en toda Galicia ascende a mías de 60 millóns de euros só nos casos que involucran á empresa 5 Jotas, da que é titular Juan Manuel Costas. Segundo propia confesión recaen sobre a súa persoa más de oito condenas e oitenta xuízos.

Mais o empresario imputado nomeou a outras empresas como Darzal (prevención de riscos) e os grupos Puentes y Calzadas Infraestructuras, Sercoysa, Movexvial, Extraco (adxudicataria da obra de humanización da Avda. Julián Valverde en Sabarís) e outras.... como implicadas na trama, e asegurou contar con documentación probatoria.

Costas afirmou que a través do avance das pescudas dos casos ”5 Jotas” e ”Patos” nos vindeiros meses terá lugar unha morea de imputacións que abranguerán a máis políticos, empresarios e entidades financeiras. Estas últimas, advertiu, as verdadeiras beneficiarias da trama.

Dim lights Embed Embed this video on your site