Mércores, 16 Oct. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Nigrán O cauce artificial do río Nespereira tinxido de amarelo en Porto do Molle

O cauce artificial do río Nespereira tinxido de amarelo en Porto do Molle

Correo-e Imprimir PDF
Dous parrulos nadando río arriba polo río Nespereira
Río Nespereira en Porto do Molle - Foto N.G.
Río Nespereira en Porto do Molle - Foto N.G.
  • Anterior
  • 1 of 3
  • Seguinte

O cauce desviado do río Nespereira, un dos afluentes do río Muiños, aparecía onte tinxido ao seu paso polo polígono industrial de Porto do Molle.

Unha veciña alertou do suceso onte para polo en coñecemento do SEPRONA e Augas de Galicia para que se fixera cargo dos feitos.

 

Até a zona desprazáronse efectivos de Control de Verquidos que determinaron que a contaminación non se debía a augas de tipo fecal ou industrial se non que todo fai supoñer a un aporte de terra dunha obra lindante ao curso do río.

O río Nespereira discorre agora por un cauce aritificial creado durante as obras de urbanización do parque empresarial de Porto do Molle.