Sábado, 25 Jan. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Opinion Cartas Máis visitas da fiscalía

Máis visitas da fiscalía

Correo-e Imprimir PDF
Foto: A. Martinez - La Voz de Galicia
Que o saneamento en Baiona é un problema non é unha novidade, como tampouco o é que se están a pór os medios necesarios para soluciona-lo. Así, as obras das novas estacións de bombeo e a aprobación das obras da depuradora municipal conlevarán un importante progreso do noso concello. O caso é que tra-la denuncia da Federación Galega de Cofradías de Pescadores, a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia puxo o ollo en Baiona e na súa actitude ante o saneamento municipal.
Xa tiñamos comentado que construir un emisario para alonxar os nosos residuos non podía ser nunca unha solución, namentres se seguían concedendo licencias urbanísticas e se incrementaba progresivamente o volumen total de residuos
Agora, todos temos que pagar os desmáns e imprudencias de anteriores gobernos. O Señor Alcalde de Baiona non ten porqué preocuparse cando lea que a Fiscalía pode sentenciar penas de cárceres para Alcaldes de concellos contaminantes. Non é culpa súa que Alcaldes pasados foran tan inconscientes, pero algún compañeiro de viaxe pode caer durante a travesía. Moitos agardan ese día, non poucos deses pacientes sufridores están entre as filas populares, non digamos xa no ámbito doutras forzas políticas.

Sexa polo urbanismo, sexa por unha completa imprevisión política, hai políticos que teñen que ver que na Administración os desmáns e incompetencias se pagan, senón que lle digan a Benigno Rodríguez.