Venres, 18 Oct. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Nigrán Augas de Galicia abre un expediente ao concello de Nigrán polos verquidos na Foz do Miñor

Augas de Galicia abre un expediente ao concello de Nigrán polos verquidos na Foz do Miñor

Correo-e Imprimir PDF
Punto de verquido nunha foto de arquivo de xuño de 2007 - Imaxe: valminor.info
Punto de verquido nunha foto de arquivo de xuño de 2007 - Imaxe: valminor.info
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

 


Augas de Galicia confirma que o líquido verde aparecido en Ramallosa, é un líquido trazador para identificar os puntos de verquido pero desminte que haxa ningunha colaboración ou programa de actuación en marcha co concello de Nigrán.

Alberto Valverde xustificaba fai dúas semanas e culpaba do verquido ao anterior goberno por unha mala execución das obras de humanización da Ramallosa no ano 2010 con cargo ao PlanE.

A xustificación dada polo alcalde de Nigrán queda en evidencia ante as fotografías realizadas por valminor.info no mesmo punto de verquido en xullo de 2007, tres anos antes das obras do PlanE.

 

O pasado 3 de decembro, axentes do servizo de xestión do dominio público hidráulico, ao que pertence a unidade de control de verquidos de Augas de Galicia, realizaron varias probas para identificar este punto de verquido reiteradamente denunciado por colectivos ecoloxistas como Salvemos Monteferro e mesmo valminor.info logo de que este espazo natural fose declarado Zona C e finalmente pechado ao marisqueo polo alto índice de contaminación por augas fecais.

O 4 de decembro o PSOE de Nigrán denunciaba mediante un comunicado a aparición dun "líquido verde" aflorando nun punto de verquido contínuo de augas fecais situado na ponte románica de A Ramallosa. A mancha verde que alertou a veciños, medios e ao propio SEPRONA, trátabase dun líquido marcador inocuo que utilizan os gardas fluviais para a identificación da orixe dos verquidos. Así o confirmaron varias fontes do departamento de Augas de Galicia que tamén confirmaron que xa deran un aviso previo ao concello de Nigrán para que alertaran da actuación os veciños da zona para que non se alarmasen polas probas que ían realizar.

Dende o concello de Nigrán, o seu portavoz e alcalde Alberto Valverde, nun comunicado de prensa en resposta á denuncia realizada polos socialistas, acusaba ao goberno socialista sainte de seren os causantes do verquido pola mala execucción das obras de humanización d'A Ramallosa  en 2010 “Una vez más, los hechos ratifican que las obras contempladas en el Plan E, y en concreto la obra de humanización de A Ramallosa, fue una auténtica chapuza. Al elevadísimo coste de mantenimiento consecuencia del cambio y/o reposición de las losetas, ahora se suman los vertidos incontrolados, que resolveremos en breve”.

O goberno municipal minte ao culpar do verquido ás obras do PlanE de 2010

 

Valminor.info garda na súa hemeroteca, fotografías do ano 2007 que poñen en evidencian e contradicen a xustificación realizada dende o concello que culpa do verquido ás obras realizadas en Ramallosa no ano 2010. No ano 2007 ese mesmo punto rexistraba o mesmo nivel de verquido e de xeito contínuo como ate agora. Filtracións coñecidas por ambas corporacións locais, do anterior anterior goberno municipal do PP, do bipartito PSOE-BNG e mesmo do actual goberno popular de Alberto Valverde, ante as denuncias continuadas dos colectvios e logo do peche ao marisqueo deste espazo natural.

Fontes consultadas por valminor.info afirmaron que no ano 2011 a concesionaria e o concello coñecían o punto principal de aporte deste verquido, que o situaba nun edificio que se atopa na confluencia das rúas A Romana e Romana baixa e que tería a súa conexión de augas fecais directamente conectada á rede de augas pluviais.

Nigrán non conta con ningún proxecto de colaboración ou programa de actuación con Augas de Galicia para o control de verquidos.

 

Dende o concello de Nigrán trasladouse a idea da existencia de algún tipo de iniciativa ou programa de colaboración co organismo autónomo para o control dos verquidos no municipio e que esta actuación parecía realizarse por iniciativa do propio concello "Han sido precisamente las políticas de protección y cuidado medioambiental puestas en marcha por el regidor municipal, en colaboración con Aguas de Galicia, las que han permitido identificar el origen de los vertidos en este río."

A realidade é que as tarefas de inspección non se están a realizar  a instancias do concello. Aguas de Galicia confirmou a esta redacción que non existe ningunha colaboración neste sentido e que as actuacións realizadas polo servizo de Control de Verquidos son a instancias do propio organismo atonómico e non do Concello de Nigrán, pondo en evidencia as declaracións de Alberto Valverde que facía súa a iniciativa do control de verquidos.

Dende Aguas de Galicia informan que o Servizo de Xestión de Dominio Público Hidráulico realizan seguimentos de control por toda a costa galega para dar cumplimento á lexislación vixente, unha labor que forma parte das competencias do propio organismo sen que sexa preciso ningunha petición ou denuncia para a súa actuación. "Dende este servizo realizamos o control de verquidos no sur de Galicia. Realizamos as labores pertinentes para determinar os focos onde se orixinan. É algo que forma parte da nosa labor diaria." No caso de Nigrán "xa se abriu un expediente administrativo,  dándolle un prazo curto para solventar o problema e presentar as alegaciósn que estimen oportunas" informan dende Augas de Galicia. "Se dende o concello non se dá unha solución en rápida ao verquido entón iniciaríamos un expediente sancionador contra o propio concello".

Os axentes resolven nunha mañá o misterio dun verquido que leva anos producíndose.

 

En apenas unha mañá de traballo, os axentes de Augas de Galicia localizaron a fonte dun dos puntos de verquido máis chamativo na Foz do Miñor e visible aos ollos de calquer transeunte e político, xusto ao lado do monumento histórico románico dende onde parten andainas de promoción do camiño de Santiago pola Costa. Algo que ate o momento parecían descoñecer dende o concello pese ás reiteradas denuncias de colectivos ecoloxistas e veciños. A incógnita quedou resolta coa actuación de Augas de Galicia que co líquido trazador identificaron en escasos minutos a orixe do problema sendo responsabilidade directa do propio concello de Nigrán. Quizás esta responsabilidade fose a causante do "descoñecemento" por parte do Concello.

Vídeo xullo de 2007

Dim lights Embed Embed this video on your site

Vídeo maio de 2012

Dim lights Embed Embed this video on your site