Venres, 18 Oct. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Baiona Sanidade considera non aptas para o baño ás praias d'A Ladeira e A Concheira de Baiona, por segundo ano consecutivo

Sanidade considera non aptas para o baño ás praias d'A Ladeira e A Concheira de Baiona, por segundo ano consecutivo

Correo-e Imprimir PDF
A

 
Por un ano máis as praias de Ladeira e a Concheira de Baiona teñen unha cualificación sanitaria deficiente por parte da Consellaría de Sanidade da Xunta de Galicia. Segundo os datos da Dirección de Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública a 18 de xuño, as concentracións de coliformes fecais nas súas augas están por riba dos mínimos admitidos para zonas de baño segundo o Real Decreto 1341/2007 que rexe a xestión da calidade da auga no Estado español. A mesma normativa ordena a prohibición de baños nas praias co devandito cualificativo.

A contaminación destas augas, e no caso especial d'A Ladeira, non é alleo á situación denunciada pola asociación Salvemos Monteferro de defensa medioambiental, quen iniciou en 2011 o trámite de denuncia ante o Parlamento Europeo dada a nula efectividade dos órganos xudiciais españois nas reiteradas denuncias que acumula este enclave. Denuncia que foi adminitda a trámite en febreiro deste ano e que está en mans don Consello da Unión Europea.

A ultima revisión de datos e tomas de mostras tivo lugar o pasado luns 18 de xuño, a segunda das realizadas en 2012. Segundo Sanidade, na Praia Ladeira a concentración de Enterococo intestinais situouse nas 140 u.f.c./100ml, e as de Escherichia coli (directamente relacionada coa materia fecal), en 880 u.f.c./100ml, dando lugar á cualificación sanitaria de "Insuficiente" e "Auga non apta para baño", segundo o R.D. 1341/2007.

Aínda que con valores máis baixos, o resultado da análise microbiolóxica efectuado por Sanidade arroxa iguais consecuencias para a popular Praia d'A Concheira. O rexistro marcou Enterococo intestinal: 15 u.f.c./100ml e Escherichia coli: 58 u.f.c./100ml.

Unha vez constatada a situación de insuficiencia das augas, o R.D. 1341/2007 esixe ás autoridades competentes unha serie de medidas que inclúen a prohibición do baño ou a recomendación de absterse do mesmo, co fin de evitar a exposición dos bañistas á contaminación. Así como o deber de informar ao público das causas da contaminación e as medidas de xestión adoptadas para previr , reducir ou eliminar as causas da contaminación.

Este informe volve a deixar en evidencia ás declaracións do rexedor baionés do pasado 25 de maio a tenor do informe da Axencia Europea de Mediombiente que apuntaba tamen na mesma liña que os datos do informe de Sanidade. Daquela, Jesús Almuiña aseguraba que  "Las aguas de las playas baionesas están limpias y son aptas para el baño, si bien, algunos arenales no alcanzan la excelencia que les permitiría optar a la bandera azul" engadindo que a calidade destas augas era "buena y apta para el baño".