Convocatoria dominical para limpar o monte
A asociación ecoloxista Verdegaia e os colectivos Salvemos Monteferro e Mauxo reuniron onte a unha veintena de persoas pare realizar unha xornada de reivindicación e limpeza nos montes de Chandebrito (Nigrán) e Coruxo (Vigo)
En contra dun novo campo de golf Ante o intento do goberno de Nigrán de construír un campo de golf nesa zoa (paralizado trala retirada do novo plan), onte deronse a coñecer os valores medioambientales e etnográficos da zoa. Esta actividade foi realizada durante a tarde.
As covas do Folón, obxectivo matinal. Pola mañá realizáronse labores de limpeza, e tamén de información, na privilexiada zona de Coruxo . Alí se limparon as covas do Folón, no alto dos montes de Coruxo.
O monte galego, obxectivo prioritario .
Ademais dos ecoloxistas, os galegos empezan a mostrar unha maior sensibilidade polos seus espazos verdes. O obxectivo da Xunta é cuidalos máis do que estaban ata este verán e "revalorizalos. O futuro ten que ir por aí", dixo onte a consellería de Medio Ambiente.