Venres, 18 Oct. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Val Miñor A UE fiscaliza a calidade ambiental de Galicia

A UE fiscaliza a calidade ambiental de Galicia

Correo-e Imprimir PDF
Zona de verquido de augas fecais na Foz do Miñor

Oito eurodeputados visitan estes días Galicia con intención de poñerlle nota á Xunta sobre a situación ambiental das rías galegas. A visita ten a súa orixen nas mumerosas denuncias sobre o pésimo estado das rías. 

E é que a comisión de Peticións do Parlamento Europeo recibiu desde 1999 un total de 11 denuncias cidadás, algunha delas asinada por miles de representantes, sobre problemas relacionados co medio ambiente en zonas costeiras de Galicia.

Sentencias do Tribunal da UE

A Comisión de Peticións solicitou informes periódicos da Comisión e sobre os problemas denunciados en tres delas recaeron sentenzas do Tribunal de Xustiza da Unión Europea. Ante esta situación, as autoridades europeas decidiron remitir unha comisión investigadora a Galicia para escoitar aos denunciantes, recibir información das autoridades e ver in situ a situación.

A misión abordará diversas peticións relativas ao cumprimento da lexislación comunitaria relativa ao tratamento das augas residuais urbanas, a calidade das augas e do aire, a protección dos hábitats e a rede Natura, as avaliacións de impacto así como os plans de prevención e control da contaminación.

Dous días de traballo

A visita de traballo, que durará dous días, comezará este martes en Vigo, co encontro da delegación co alcalde da cidade, Abel Caballero, coa celebración de reunións con peticionarios e cunha visita á ría de Vigo. O mércores visitará pola mañá a ría Ferrol acompañados dos peticionarios e autoridades locais. Ao finalizar a visita trasladarase a Coruña onde percorrerán o estuario do Burgo e manterán un encontro cos representantes políticos e os representantes dos colectivos sociais. Logo trasladaranse a Santiago onde se reunirán cos conselleiros de Medio Ambiente, Agustín Hernández, e do Mar, Rosa Quintana.

O eurodeputado socialista galego, Antolín Sánchez Presedo, forma parte da delegación do Parlamento Europeo. "A misión non se fai con intención de crear tensión, penalizar ou establecer un ditame xudicial senón coa vontade positiva de rexistrar a situación e contribuír á solución dos problemas, ao final elaborarase un informe que se debaterá na comisión de Peticións para asegurar aos peticionarios, na súa condición de cidadáns europeos, o pleno cumprimento da normativa comunitaria en Galicia", sinala.

A Foz do Miñor.

O Parlamento Europeo admitiu a trámite, en xuño de 2012,  a denuncia de Salvemos Monteferro polos altos índices de contaminación na Foz do Miñor e solicita a investigación da comisión Europea.

A Foz do Miñor é unha das dúas únicas zonas pechadas ao marisqueo en toda España polos seus altísimos niveis de contaminación por augas fecais. Nos últimos 10 anos a contaminación aumentou nun 800%.

O pasado mes de decembro a Xunta de Galicia, a través de do Sevizo de Xestión do Domínio Público Hidráulico dependente de Augas de Galicia, abriu un expediente adminsitrativo ao concello de Nigrán polos contínuos verquidos de augas fecais en Ramallosa, a través do sistema municipal de alcantarillado. 

Ladeira e Concheira pechadas ao baño na tempara de verán de 2011 e 2013

As praias de Ladeira e a Concheira de Baiona teiveron unha cualificación sanitaria deficiente por parte da Consellaría de Sanidade da Xunta de Galicia. Segundo os datos da Dirección de Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública a 18 de xuño, as concentracións de coliformes fecais nas súas augas están por riba dos mínimos admitidos para zonas de baño segundo o Real Decreto 1341/2007 que rexe a xestión da calidade da auga no Estado español. A mesma normativa ordena a prohibición de baños nas praias co devandito cualificativo. O concello de Baiona incumpriu a directiva nacional e europea ao non advertir da situación aos bañistas cos pertinentes carteis de "proibición" ou "recomendación de absterse do baño" especificando os motivos desta restricción e as medidas a adoptar. A escusa dada polo concello baseábase na última análita puntual realizada nos areais que discrepa do modelo seguido pola consellería de sanidade e mesmo pola UE.

Información información complementaria aportada por Galicia Confidencial