A rúa Otero Pedrayo adoecen dende fai décadas a falta de mantemento por parte do concello. As súas beirarrúas ainda conservan unha maltreita capa de cemento que en moitas zonas presenta imporantes fendas e afundimentos.
A rúa que comunica o cruce de Nigrán nas Angustias, e chega até Panxón cara ás praias, leva décadas sen tocarse. As antigas beirarrúas de formigón adoecen a necesidade urxente dun mantemento totalmente esquecido por parte dos distintos gobernos municipais.
A formación galeguista denunciou o mal estado das beirarrúas desta importante vía de conexión coas praias e chamou á alcaldía a reparalas para "evitar danos persoais". Neste sentido, CxG critica “o estado de abandono absoluto desta rúa, con buratos por ambos lados, afundimentos do chan e vexetación acumulándose”. Aseguran que “a cantidade de charcos, herbas, e desniveis, fan que a rúa semelle un campo de obstáculos con zonas verdes”.
Apelan ao Goberno Local a “mar as medidas pertinentes e evitar que poda ocorrer unha desgraza"