Un veciño de Baiona precipítase ao río co seu coche dende a ponte nova da Ramallosa.
Non é a primeira vez que un vehículo leva por diante o valado deste tramo da ponte e termina no río ou pendurado da mesma ponte.
Os feitos aconteceron a primeira hora desta tarde cando un vehículo procedente de Baiona dirección Nigrán saía da estrada na ponte nova da Ramallosa, invadía a beirarrúa neste tramo para terminar afundido no mar.
Un testigo do suceso non dubidou en acudir ao rescate do conductor lanzándose directamente ao mar para rescatalo do interior do vehículo. Ambos foron atendidos posteriormente nos centros médicos da Xunqueira e Povisa respectivamente.
Un punto negro no corazón do Val Miñor.
A sorte estivo outra vez do lado dos peóns que circulan normalmente por este tramo da ponte. Non é a primeira vez, e parece que tampouco a derradeira, na que un coche precipítase ao río ou leva por diante o valado neste tramo da ponte pese a que a beirarrúa presenta unha altura considerable. Pero non parece ser obstáculo suficiente para protexer aos peóns deste tipo de accidentes. A sorte quixo novamente que non houbese que lamentar vítimas mortais.
@pedrotelmovm pic.twitter.com/WzCSph8tr0
— Manuel Valverde (@ManuelValpazo) 5 de mayo de 2016