Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Os imputados pola revolta veciñal de 2006 están sendo novamente identificados pola policía local sen motivo aparente.

Os imputados pola revolta veciñal de 2006 están sendo novamente identificados pola policía local sen motivo aparente.

Correo-e Imprimir PDF
Protesta durante un pleno do concello de Nigrán no ano 2006

Axentes da policía local de Nigrán estarían acudindo dende onte aos domicilios dos veciños, que no ano 2006, se autoinculparon polas desfeitas ao concello, na mobilización que paralizou o anterior plan xeral de Nigrán.

Os veciños asumiron no seu día multas de 400€ polos danos e en solaridade conxunta nun acordo previo coa fiscalía.

As visitas que están a recibir nestes días algúns dos veciños que foran imputados están levantando unha forte polémica polas formas e o contido das mesmas.

Valminor.info tivo coñecemento onte pola noite, do caso dun veciño de Nigrán que foi visitado, supostamente pola policía local de Nigrán. O motivo da visita era o de saber si ese veciño, imputado nos feitos de 2006 durante as protestas do PXOM, seguía vivindo no mesmo domicilio, para que no caso de que o xulgado teña que practicar novas dilixencias estean identificados a efectos de notificación.

A explicación resulta sorpredente para estes veciños, porque dá a entender en que si houbese outra mobilización veciñal neste sentido, volverían a ser inculpados os memos, participen ou non nas mobilizacións.

Este veciño de Nigrán asegurou que durante o procedemento non se esgrimiu ningún documento oficial ou certificado, autorización para realizar as identificacións nin se lles acusou de ningún delito ou falta.

Ningún deste veciños ten causas pendentes coa xustiza. Logo de pagar as respectivas multas de 400€ acordadas coa fiscalía, os antecedentes por estes feitos prescribiran pasados  2 anos, salvo aqueles  que pagasen adicionalmente outros 400€ para "limpar" o seu expediente e non ter antecedentes por estes feitos.

Descoñecese ata o momento a instancias de que organismo están a realizarse estas identificacións.

Intimidación ou identificación?

En xuño de 2006 producíuse unha situación similar, que os propios colectivos veciñais denunciaron no seu momento, así El Correo Gallego recollía no seu diario o titular "Los vecinos de Nigrán denuncian acoso policial en sus domicilios" e reproducía as declaracións do presidente da asociación de veciños de Monteferro de Panxón e ex-concelleiro do PSOE de Nigrán, Manuel Doldán: "varios vecinos y directivos de las asociaciones me han dicho que agentes de la Policía Local se han presentado en sus casas para pedirles la identificación, algo que no procede si se quieren calmar los ánimos, que es lo más importante en estos momentos. No es oportuno que se produzcan este tipo de actuaciones, es un auténtico atropello".