Mércores, 17 Jan. 2018

Actualizado12:46:23 PM GMT

Estás en Nigrán Salvemos Monteferro califica como engano a documentación do PXOM entregada polo concello de Nigrán

Salvemos Monteferro califica como engano a documentación do PXOM entregada polo concello de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
O alcalde de Nigrán entregando o PXOM á CCMM de Parada. Foto: Prensa Concello de Nigrán
Download this file (Respuesta Costas 20121105.pdf)
Download this file (Remisión documento aprobación inicial a colectivos Consello Sectorial (escaneado)
  • Anterior
  • 1 of 3
  • Seguinte


Salvemos Monteferro sinala que a documentación relativa ao PXOM entregada polo concello non é válida.

Unha carta de resposta da Xefa de Costas de Pontevedra desta semán puxo en alerta ao colectivo que sinala que o documento urbanístico ainda non foi informado pola Xuntae se atopa á espera da nova remisión do plan por parte do concello.

 O colectivo pide a dimisión do alcalde por faltar a verdade e non ser claro na tramitación e no proceso de infromación previa do documento.

 

O pasado 4 de outubro o alcalde Nigrán, Alberto Valverde, entregaba en medio dun acto mediático con capturas de imaxes do momento, un CD coa última copia do PXOM logo da presión exercida polos colectivos veciñais que conforman o Consello Sectorial. O documento entregábase baixo o compromiso de prazo dunha semana para realizar as alegacións oportunas para que fosen revisadas polo equipo redactor e foran engadidas ao documento antes da súa aprobación inicial, dado que o propio concello sinalaba como o mes de setembro como data final para a súa aprobación inicial no pleno. O comunicado daba a antender que se trataba da copia final documento e que xa fora modificado para dar cabida aos requerimentos dos informes sectoriais da Xunta de Galicia.

"hoy damos un paso más en esta dirección dándoles toda la información relativa al documento presentado por el equipo redactor que debería llevarse a aprobación inicial tras los informes de los técnicos municipales" sinalaba o alcalde en comunicado de prensa.

Os colectivos iniciaron as súas consultas técnicas xusto nese período, dado que por primeira vez durante o mandato popular, a achega da documentación era oficial e non filtrada a través dos partidos da oposición. Algo que supuña un punto de inflexión ata o momento e lles daba seguridade á hora de consultar a documentación e traballar na súa análise axudados de técnicos externos e avogados contratados polos propios colectivos.

A sorpresa foi maíuscula cando o pasado martes, o rexedor nigranés advertiu que o entregado aos colectivos non era o definitivo e que podería sufrir cambios. Xustamente un día despois da respota oficial remitida pola Xefatura de Costas a Salvemos Monteferro que apuntaba no mesmo sentido.

 “En la actualidad, desde este Servicio Provincial, se ha procedido a informar el PXOM según lo que indica el articulo 117.1 de la Lei de Costas y se está a la espera de la nueva remisión del plan por parte del concello y poder informar definitivamente según indica el 117.2 de esta Ley.”

No comunicado, Salvemos Monferro acusa ao alcalde de non advertir este punto no momento da entrega da documentación e sospeita de que a aclaración proveña a raiz da pregunta medioambiental realizada polo colectivo relativo á demarcación da liña de costa na península de Monteferro, unha demarcación que segundo interpretan os ecoloxistas contén importantes erros e que condicionan a protección do espazo natural.

"Moitas das asociacións veciñais e colectivos de Nigrán vimos de facer un importantísimo esforzo tanto económico como persoal para a análise da información subministrada desde a alcaldía, dada a premura que o Sr. Alcalde (falaba de unha semana de prazo) reclamaba para as nosas achegas. Agora resulta que a información coa que traballamos non é real, polo que fixemos un gasto económico e persoal inútil que temos que “agradecer” á vontade de “normalidade e transparencia” coa que sempre nos engana o Sr. Alcalde."apunta no comunicado.

Os ecoloxistas acusan ao alcalde de manter o PXOM "baixo chave" solicitando a participación dos colectivos sobre unha información e documentación obsoleta, "Mentres as AAVV e colectivos de Nigrán pediamos máis tempo para o estudo da obsoleta información subministrada, o Sr. Alcalde sabía perfectamente que non podía levar ao pleno municipal o PXOM para a súa aprobación inicial porque non estaba aínda debidamente informado."

O colectivo pide a dimisión do alcalde por faltar a verdade e non ser claro na tramitación e no proceso de infromación previa do documento.  "Un alcalde que xoga cos esforzos persoais e económicos da veciñanza á que representa debe deixar o seu cargo. Un alcalde que minte non debe ser alcalde. En tempos de crise, ter movementos sociais que traballan sen ánimo de lucro na procura dun Nigrán mellor, é un tesouro que non pode ser desaproveitado. Quen non o queira ver así está cego ou persigue obxectivos afastados do ben común."