Martes, 15 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Especiais Eleccións 21-O A abstención foi superior á forza política máis votada no Val Miñor.

A abstención foi superior á forza política máis votada no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

Fonte Xunta de Galicia

- O PP confirmase como forza maioritaria en toda a bisbarra e obtén 41 escanos no Parlamento de Galicia pese a obeter menos votos que en 2009.

- Alternativa Galega de Esquerda consolídase como 3ª forza política no Val Miñor e Galicia.

A confirmación da maioría popular, o alto número de abstencións e mais a irrupción de Alternativa Galega de Esquerdas como terceira forza foron os feitos máis salientables da xornada electoral do 21-O, no Val Miñor. A candidatura do presidente Alberto Núñez Feijóo acadou 10.289 votos na bisbarra, que apoiaron a obtención dos 11 escanos populares pola provincia de Pontevedra. A contenda electoral deixa un Parlamento de Galicia integrado por 41 deputados do PP, 18 do PSdeG PSOE, 9 de AGE e 7 do BNG.

A abstención acadou o 35,42% do censo electoral no Val Miñor. Foron 13.319 persoas as que decidiron non concorrer a votar, cantidade que supera á forza política máis votada. Por riba os votos nulos (681) e os emitidos en branco (665) constituíron a 5ª e 6ª opción respectivamente.

O PP (10.289 v.) perdeu 2.638 votos (-20,41%) con respecto ao 2009 en toda a bisbarra. O PSdeG- PSOE (4.343v.) cae en 1.465 votos (-36,21%) e o BNG (1810v.) tivo 2.494 votos menos que o 2009 (-42,05%). Pola contra, AGE que só contaba co antecedente dos 220 votos obtidos por Esquerda Unida no 2009, alcanzou 3.418 votos, cifra superior aínda ca perda polo BNG, forza da que formaron parte moitos dos actuais integrantes da coalición formada entre EU e ANOVA.

Das candidaturas minoritarias, só Socidad Civil y Democracia (556v.) liderada polo ex-banqueiro Mario Conde, UPyD (368v.), Escaños en Branco (181v.),  Centro Democrático Liberal (129v.) Converxencia Por Galicia (115v.) e o Partido Animalista Contra o Maltrato Animal (113v.) superaron a centena de votos nas urnas.

Fonte Xunta de Galicia

Fonte Xunta de Galicia

Fonte Xunta de Galicia