Sábado, 5 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Chegou o tempo das setas e Nigrán vai buscalas.

Chegou o tempo das setas e Nigrán vai buscalas.

Correo-e Imprimir PDF
Cartaz das xornadas micolóxicas
As setas serán o centro de atención turística deste fin de semana en Nigrán. A Concellería de Turismo ten organizado unhas Xornadas Micolóxicas para os días 12 e 13 de novembro, onde os veciños serán adestrados na complexa arte de seleccionar os cogomelos comestibles dos que non.

Para comezar, o experto Jaime B. Blanco, membro da Agrupación Micolóxica Brincabois, falará da "Comparativa entre setas tóxicas e comestibles", nunha conferencia na Sala do Pleno do Concello de Nigrán, o próximo venres ás 20:00 horas.

Para no esquecer o aprendido, o sábado 13 as dez da mañá toca saír ao monte para recoller cogomelos. A actividade parte da casa do Concello e é imprescindible levar coche ou conseguir quen o leve.

A actividade remata o mesmo sábado as 17:00 no Pavillón de deportes de Panxón cunha exposición das setas.