Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán baixa o número de parados, pero non repunta o sector Servizos e o 12% segue sen traballo.

Nigrán baixa o número de parados, pero non repunta o sector Servizos e o 12% segue sen traballo.

Correo-e Imprimir PDF
paro-nigran-xuo-2011-por-sector

Case 70 persoas menos rexistrou o número de parados ao 31 de xuño no Concello de Nigrán co respecto ao pasado mes de maio segundo os datos oficias publicados pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. A baixa rexistrada rolda o 4,41%, unha cifra moi por riba da media autonómica (2,69%) e case tres veces mellor da media española (1,62%). Nembargante esta sensible melloría co respecto aos derradeiros 30 días, os 1.495 parados de Nigrán seguen a representar case o 12% da poboación activa do municipio. Por outra banda, se a comparativa se fai ao mesmo mes de xuño de 2010, os números indican que este verán comeza con 65 veciños máis sen atopar traballo que un ano antes. Do total de persoas sen emprego, 770 son mulleres e 725 son homes.

A tendencia do desemprego en 2011 no concello de Nigrán segue á baixa, ao igual que en todo o resto do Val Miñor, cun 2,03% menos na cantidade de desempregados de xaneiro (1.526) ao mes de xuño (1.495).

O desemprego por sector indica que os servizos seguen a ser a rama de actividade con máis cantidade de parados, 747. Este sector onde debería maiormente deixar a súa pegada o comezo da tempada de verán só rexistra 38 postos máis de traballo que os que xa tiña no pasado mes de maio.

Na actividade agrícola e pesqueira o número de parados se mantén sen variación con respecto a maio, 38 persoas. O número de parados deste sector en xaneiro era de 33 persoas, e hai 12 meses de 27.

A industria rexistra 223 persoas en paro, 11 menos que en maio pero 11 máis que en xaneiro e 28 que hai un ano. A mesma tendencia se amosa na construción, onde o número actual é de 215 parados, contra 211 do mes de maio. Mais tamén na construción rexístrase un aumento con respecto a xaneiro de 2011 con 10 parados máis que hai 6 meses e 23 máis que en xuño de 2010. A todo isto o número de persoas que buscan traballo por primeira vez sitúase nas 272, sendo o segundo sector en cantidade de veciños sen emprego.