Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán rexistra a maior caída do paro por mor do verán dende o estalido da crise en 2008.

Nigrán rexistra a maior caída do paro por mor do verán dende o estalido da crise en 2008.

Correo-e Imprimir PDF
A tempada de verán baixou en máis de 200 persoas o número de parados en Nigrán.

O concello de Nigrán ten 207 persoas desempregadas menos que no mes de maio. A baixada do paro na tempada estival 2011 foi de momento dun 13,24% en relación aos totais deste índice 60 días atrás. As cifras oficiais divulgadas pola Consellería de Traballo e Benestar indican que ao 31 de xullo, Nigrán encabeza o aumento do emprego nos derradeiros 60 días no Val Miñor (contra un 13,08% en Baiona e un 3,30% Gondomar)e rexistra o mellor resultado porcentual de diminución do paro no seu municipio durante o verán dende o comezo da crese: 8.25% en 2008, 6.57% en 2009, 9.64% en 2010 e o devandito 13,24% en 2011, sendo o único concello miñorano que mellora estas cifras en relación as tempadas anteriores. Aínda isto, o desafío do desemprego mantense pois a cifra de parados en Nigrán chega aos 1.357 desempregados, aproximadamente o 11% da súa poboación en idade de traballar.

Con respecto ao mes de xuño, o desemprego baixa un 9,23% situándose por enriba da media para toda Galicia que foi dun 6,30% en igual período. O mesmo pode mencionarse co respecto á media para a provincia de Pontevedra que rexistrou un descenso do 7,47%. En relación ao área de Vigo, a media estivo no 8.56% e Nigrán atópase no 3º lugar en baixas porcentuais do paro para xullo por debaixo de Pazos do Borbén (10,64%) e Baiona (10,58%), e bastante afastada do 4ª posición ocupada polo concello de O Porriño (6,66%).

Dos 207 novos postos de traballo en relación a maio, 104 foron baixas para as cifras de parados no sector servizos, 50 de persoas que demandaban emprego por primeira vez, 37 da industria, 11 do rural e 5 da construción.

Con respecto aos 1.357 desempregados que rexistra o concello, 693 son mulleres e 664 homes. Dos cales, 27 pertencen ao sector rural, 197 do industrial, 206 da construción, 681 aos servizos e 246 son persoas demandantes de emprego por primeira vez.