Luns, 9 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar A falla de traballo afecta a 1.545 veciños de Gondomar, 83 máis que no mes de setembro.

A falla de traballo afecta a 1.545 veciños de Gondomar, 83 máis que no mes de setembro.

Correo-e Imprimir PDF
centrogondomar

O número de desempregados no concello de Gondomar rachou a barreira do millar e medio da súa poboación activa ao 31 de outubro. O sector máis castigado foi o dos servizos con 48 novos casos, chegando a 650 o número de persoas que perderon o seu posto de traballo neste rubro. As mulleres son as máis afectadas pola falla de emprego neste municipio, có 51.84% do paro rexistrado. Os 83 novos casos rexistrados pola Consellería de Traballo e Benestar durante o mes de outubro para Gondomar, revelan que a cifran medrou nun 5.68% co respecto a setembro. A media do crecemento do paro para toda Galicia foi do 3.96%.

O paro por sector económico no concello de Gondomar

Dos 1.545 desempregados rexistrados oficialmente ao 31 de outubro de 2011, 24 (21 no mes de setembro) corresponden ao sector rural, 294 (282) á industria, 306 (287) á construción, 650 (602) aos servizos e 271 persoas se rexistran como buscadoras de emprego por primeira vez.