O 13% dos habitantes do Val Miñor en idade de traballar, integran os rexistros do paro ao 30 de setembro, segundo datos aportados pola Consellería de Traballo e Benestar Social da Xunta de Galicia. O concello máis golpeado é o de Gondomar onde o 14,70% da súa poboación activa está desocupada. As cifras non son mellores nos municipios veciños: Baiona alcanza o 12,06 % e Nigrán o 11, 87 %. Das 3973 persoas sen traballo, 229 máis que en agosto, 1416 están empadroadas en Gondomar, 1481 en Nigrán e 1030 en Baiona. En datos porcentuais, a suba do paro entre agosto e setembro foi dun 8,88% (84 persoas) en Baiona, 3,25% (46 persoas) en Gondomar e 7,16% en Nigrán (99 persoas). A media do incremento do paro para toda a autonomía estivo nun 7,79%.