Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O verán non trouxo grandes oportunidades de traballo aos desempregados de Gondomar.

O verán non trouxo grandes oportunidades de traballo aos desempregados de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
A reactivación do polígono industrial A Pasaxe centra a atención de centos de desempregados gondomareños.

Se ben ao 31 de xullo o desemprego caeu un 3,30% no concello de Gondomar, esta cifra é menos da metade da caída por efecto do verán na media da área metropolitana de Vigo (8,56%), da provincial (7,47% Pontevedra), por debaixo da autonómica (6,30 Galicia) e moi afastada dos outros concellos miñoráns (Nigrán 9,23%, Baiona 10,58%). Se ben o turismo de "sol e praia" non é na historia recente un factor de peso para a creación de emprego en Gondomar, os resultados do 2011 estar por abaixo dos anos anteriores. Tomando o binomio xuño- xullo, a tempada estival repercutiu nun 4,07% no descenso do paro en 2011, cando no mesmo período no 2009 foi dun 7,42% e no 2010 dun 10,43%.

Son 705 homes e 732 mulleres os que integran a lista de 1437 empadroados no concello de Gondomar demandantes de emprego ao 31 de xullo de 2011. A cifra representa aproximadamente ao 15 % da súa poboación en idade de traballar á que estes dous meses de contratacións do verán só aportou 61 postos de traballo segundo os datos aportados pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

Das 61 baixas rexistradas no paro gondomareño, 23 corresponden ao sector de persoas demandantes de emprego por primeira vez, outras 23 dos servizos, 11 do industrial, 4 da construción e ningunha do rural.

Para a área de Vigo, os datos do paro ao 31 de xullo de 2011 sinalan que Pazos de Borben foi o concello onde se rexistrou a maior baixa porcentual no paro cun 10,64%. En orden decrecente o sigue Baiona cun rexistro similar do 10,58%, Nigrán 9,23%, O Porriño 6,66%, Fornelos de Montes 6%, Salceda de Caselas 3,49%, Vigo 3,32%, Gondomar 3,30%, Soutomaior 2,65%, Redondela 0, 53% e Mos cun 0,19%.