Mércores, 24 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Gondomar saca a mellor nota nas cifras do paro no Val Miñor.

Gondomar saca a mellor nota nas cifras do paro no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
centrogondomar

{plusone} En Gondomar as cifras oficias do paro indican que o mes de agosto deixa 21 persoas menos na busca de traballo ca xullo. A cifra é a mellor das obtida polos concellos miñoranos, xa que tanto Baiona como Nigrán rexistraron un leve aumento do paro no mesmo período. No caso da Vila Real , o aumento foi dun 1.72% e en Nigrán dun 1.84%, ambas as dous moi por riba do 0.71% rexistrado na media para toda Galicia.

O comportamento por sector no concello de Gondomar reporta que a baixa do desemprego na construción foi de 8 persoas, 3 dos servizos e o maior número corresponde a persoas en busca da súa primeira praza de emprego, 17 menos que no mes anterior. Ao mesmo tempo, o sector rural sumou un caso máis de paro e 6 na industria. A súa porcentaxe á baixa foi dun 1.46%, cifra moito mellor ca da totalidade da autonomía galega que rexistrou un aumento do desemprego dun 0.71%. Ao pasado 31 de agosto rexístranse 1416 persoas sen emprego no concello gondomareño.

O paro por sector en Gondomar.

No sector rural o número de parados é de 24 persoas (23 en xullo). A industria pasou de 267 persoas desempregadas a 273. A construción descendeu de 281 a 273 e os servizos de 583 a 580. No mes de agosto rexistráronse 266 persoas na pescuda do seu primeiro emprego, 17 menos que en xullo.