O 15% dos miñoráns non teñen traballo. Son 4.569 os veciños que en xaneiro non terán unha nómina para achegar ao seu fogar. A gráfica do desemprego está en caída libre e en concellos como o de Gondomar xa afecta ao 16,85% da súa poboación en idade de traballo (16 a 64 anos). O resto da bisbarra non ten unha paisaxe moi diferente, o paro en Baiona afecta ao 14,13% dos seus veciños e en Nigrán ao 13,53%.
Outro dato preocupante é o da Taxa de Risco de Pobreza (a porcentaxe de persoas cun ingreso equivalente inferior ao limiar de risco de pobreza de Galicia, que se establece no 60% da mediana de ingresos equivalentes). I é que se a media galega rolda o 13%, nesta zona supera o 15.82%, segundo a última enquisa de condicións de vida das familias publicada en decembro polo Instituto Galego de Estatística para a área de Vigo na que se inclúe o Val Miñor.
O paro en números absolutos por concello.
En números absolutos, Nigrán lidera este infortunado ranking con 1.687 desempregados (819 homes e 868 mulleres), son 45 máis que no mes de novembro e 134 máis que os que tiña en decembro do 2010. En Gondomar son 1.675 os veciños afectados (840 homes e 835 mulleres), 68 máis que en novembro e 101 máis que un ano atrás. En Baiona, con 1.207 desempregados (589 homes e 618 mulleres), se perderon 41 postos de traballo entre novembro e decembro, e hai 80 afectados máis que en 2010.
O paro por concello e sector.
Dos 1.207 desempregados de Baiona, segundo a Consellería de Traballo e Benestar Social da Xunta de Galicia, 34 corresponden ao sector rural, 148 a industria, 201 da construción, 674 aos servizos e 150 son persoas que buscan o seu primeiro emprego, a maioría deles, rapaces que non logran ingresar ao mercado laboral.
No caso de Gondomar, hai 29 desempregados no eido rural, 337 no sector industrial, 698 na area dos servizos, 350 na construción e 261 persoas na pescuda do seu primeiro posto de traballo.
En Nigrán o sector servizos tamén é o máis golpeado pola crise do desemprego, con 879 casos, o sigue a construción con 259, logo os 267 que buscan o seu primeiro emprego, seguidos polo sector industrial con 246 casos, e o sector rural con 36.